Skip to Content

Expresión Musical

TWIST

       Aquí temos unha das partituras de frauta que estamos a tocar nestas semanas, crada pola profesora Mª Jesús Camino. Se chuzas na imaxe poderás tocala co acompañamento instrumental.

EL Puto Coke

       Un rapeiro e músico de hip- hop do panorama musical galego na actualidade que coñecemos grazas a Aarón. Escoita e goza con rimas en galego!

FLUZO

       Alberto preséntanos Fluzo, un grupo cun estilo de música non moi coñecido, pero que tamén soa moi ben en galego. Anímate a decubrilo!

ASTAROT

Carolina preséntanos un coñecido grupo de música galega que, de seguro, temos escoitado máis dunha vez algunha das súas cancións ou cantado algún dos seus temas. 

HEREDEIROS DA CRUS

       Da man de Fernando chéganos de novo este coñecido grupo de rock galego, con outra das súas cancións para escoitar e non parar de moverse.

CANTIGAS TRADICIONAIS

       Ao longo deste trimestre estivemos a traballar diferentes tipos de cantigas tradicionais. Unhas interpretábanse como divertimento das xentes e outras acompañaban os traballos, co fin de que foran máis levadeiros, ou festexaban diferentes momentos do ano. Aquí vos deixamos un pequeno resumo de distintos tipos de cantigas tradicionais e a mostra dalgunhas delas interpretedas polos nenos. 

 

CANTO DE REIS

       No Nadal e, sobre todo, os días anteriores á noite de Reis, era habitual que a xente fora de casa en casa cantando co único obxectivo de conseguir o aguinaldo, unha pequena recompensa en forma de caramelos, comida, bebida... polo feito de interpretar tan curiosas cancións. Os nenos de 3º teñen ben merecido ese aguinaldo coa interpretación deste canto de Reis.

O CANTEIRO PICA, PICA

       Os nenos de 5º de Primaria preséntannos outro canto de oficio, tamén de canteiros. Unha cantiga que estes interpretaban mentres picaban na pedra para así facer máis levadeiro o traballo. 

FISTERRA

       Este curso, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxéronnos cantar esta fermosa canción, na versión do grupo Treixadura, para festexar o remate do primeiro trimestre. Aquí vos deixamos un vídeo para que poidades escoitala e, sobre todo, emocionarvos con ela.

LUAR NA LUBRE

       Aquí nos chega un coñecido grupo de música folk galega: Luar na Lubre, que foi o escollido por Andrea e por Ainhoa.

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

 

 

 LUAR NA LUBRE from vinhagrandemusica

Distribuir contido


by Dr. Radut