Skip to Content

Expresión Musical

CATRO VELLOS MARIÑEIROS

      Durante este trimestre traballamos en todas as aulas a cantiga popular "CATRO VELLOS MARIÑEIROS", quizais unha das cantigas máis versionadas e gravadas da música galega. 

    Ademais, tamén fixemos partícipes a profesorado e familias, xa que o alumnado de Viñamedios e Viñagrandes achegounos vídeos con diferentes gravacións da cantiga, colaborando así na necesaria labor de transmisión e coñecemento da cultura popular.

    Grazas por participar e parabéns a todos polas vosas interpretacións!

ROCK NO SAMAÍN

     Este curso celebramos o Samaín bailando rock. O alumnado de Viñagrandes A e B inventou e preparou unha coreografía a partires da canción, tamén seleccionada por eles, "HARD ROCK HALLELLUJAH" da banda finlandesa LORDI.

        Anímate a bailar con eles! 

MÚSICOS NA CLASE

       Outro día máis puidemos gozar coa interpretación, en directo, por parte dun compañeiro da clase. Gabriela, na clase de Viñamedios, agasallounos coa canción "Jota de Boiro" que ademais acompañou coa pandeireta. Tamén nos ensinou a dar uns toques con este instrumento tradicional, explicándodos a diferenza entre a Jota curta, de tres toques e a longa, de cinco.

      Moitas grazas, Gabriela, por compartir con nós un pouquiño da nosa música!


MÚSICOS NA CLASE

     Nas clases de Viñagrandes e Vinhamedios tivemos a oportunidade de escoitar a dous compañeiros tocando cadanseu instrumento. Desta volta, Iker amosounos as súas dotes co punteiro da gaita, ensinounos a lingüeta dobre que utiliza e contounos diferentes curiosidades acerca deste instrumento.

       Roi tamén nos achegou un instrumento tradicional galego, o tambor. Ademais de escoitar as súas espléndida interpretacións, achegounos información sobre o instrumento, enseñounos partituras e incluso nos acompañou mentres cantabamos todos xuntos "A saia da Carolina".

       Moitas grazas aos dous pola súa participación!

Rapeamos a Manuel María

       Despois dun longo traballo arredor da poesía de Manuel María aquí vos deixamos as nosas versións rap dos poemas escollidos.

       Agardamos que vos poñades a bailar e a cantar con "Os soños na gaiola"

Fernando, Ismael, Ana, Ainhoa e Christian

 

Naiara, Ernesto, Antía e Iker

Eloy, Andrea, Leticia, David e Jose

Abel, Carolina, Ismael e Alberto

Jonathan, Carmen, Aarón e Marwa

RITMO E MOVEMENTO

       Aquí deixamos unha pequena mostra do traballo rítmico que fan os nenos de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria, contribuíndo así ao seu desenrolo psicomotriz nestas primeiras idades.

UN MÚSICO NA CLASE

       Esta semana a clase de 2º foi especial, xa que puidemos asistir ao concerto dun gran pianista, Xoán, que nos interpretou Old French Song, de Tchaikovsky e un fragmento da sonata Claro de Luna, de Beethoven. Ademais, para rematar, interpretounos outra pequena peza que nós acompañamos con palillos chinos.

       Moitas grazas, Xoán, por permitirnos gozar coa música de piano en vivo e en directo!

O CARRIZO

       O Carrizo é outro dos poemas de Manuel María, do seu libro Os Soños na Gaiola, que estamos a traballar en 3º e 4º.


O MAR

       Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Manuel María, estamos a traballar nesta peza, unha musicalización do seu poema O Mar, do libro Os Soños na Gaiola.


CANCIÓN INDIA

       Aquí deixamos o enlace á canción que estamos a tocar en 5º, tamén da profesora Mª Jesús Camino.

       Chuza na imaxe para tocala co acompñamento.

Distribuir contido


by Dr. Radut