Nesta actividade propóñovos que creedes unha pequena peza empregando a voz e acompañándoa co corpo ou con obxectos. Achégovos varios textos que poden ser o punto de partida, pero sempre é posible que vós escollades os vosos propios textos ou incluso que os inventedes.
VIÑANANOS VIÑAPEQUES
Pachín, pachín Ría ría chabarría,
non sabes o que vin trae tres sapos na barriga
un gato na ventá un canta, outro pía
tocando o violín. e outro toca a sinfonía.
VIÑAMEDIOS VIÑAGRANDES
Piquiño piqueiro do mazariqueiro Conta xusta rematada
que pica graíñas, que pica no herbal -dixo o cura da Golada-
que pica repica, pingas do luar. son tres porcos, seis touciños,
doce patas, tres fociños,
seis orellas e tres rabos,
que son trinta, ben contados.
(*) Neste enlace poderedes atopar unha manchea de ditos, refráns, trabalinguas e moitas outras posibilidades de textos para rimar: https://orellapendella.gal/
Realización da actividade:
1- Aprende moi ben o texto
2- Dálle ritmo, recítao ritmicamente como a ti máis che guste (pode ser ao estilo rap, co ritmo dalgunha canción coñecida, inventar un ritmo totalmente novo, etc.)
3- Engade un acompañamento para o teu recitado. Para iso escoita primeiro cal é o seu pulso e cales son os acentos (as partes máis fortes), para que o acompañamento se axuste perfectamente ao recitado e teña máis forza.
Para acompañar a voz podes elixir percusión corporal (mans, peito, pés, cabeza, dedos…) ou calquera obxecto que atopes pola casa (botes, botellas, tubos de cartón, latas, caixas, lapis…)
4- E se queres, comparte as túas creacións cos compañeiros. Para iso, envíaas á dirección de correo vinhagrande.musica@gmail.com, para que poida subilas á páxina web.
(*) Tamén poderedes empregar esta mesma dirección de correo electrónico para poñervos en contacto comigo e dar resposta a calquera dúbida que teñades en relación a esta ou outras actividades propostas.