Skip to Content

3º Ciclo

Seguridade Vial

 

O 6 de novembro, a Policial Local do Concello Vilanova, impartiulle ao alumnado de 5º e 6º unha sesión práctica de Educación Vial. Os alumnos  puideron mostrar as súas destrezas, así como o seu coñecemento básico das normas de circulación, conducindo uns "Karts".

Grandes escritores de Vilanova: Valle- Inclán e Julio Camba

Valle-Inclán e Julio Camba son dous grandes escritores da literatura española nacidos en Vilanova. Mediante diversas actividades realizadas en clase (traballos de investigación, lectura de textos, presentacións co canon e debuxos), pretendemos achegar ao alumnado deste ciclo a figura destes escritores -especialmente de Valle-Inclán-, ao aproximarse nestas datas o aniversario do seu nacemento. Completáronse as actividades cun percorrido valleinclaniano polo casco urbano de Vilanova.

 

Para ver os debuxos preme na imaxe

 

Art Show

Pupils from 5th and 6th course have painted stones in Arts class. This activity turned out well and these are the beautiful works:

Click on the picture

Saída didáctica a Pontevedra

22 de novembro de 2013. O 3º Ciclo realizou un percorrido polo casco histórico da cidade, acompañados polos seus titores e unha guía do Concello. Posteriormente, visitaron o Museo -sección de arte contemporánea -; sendo este  colexio, o que traballou por vez primeira, cunha unidade didáctica elaborada polo Museo para este edificio.

A poesía de Antonio García Teijeiro

Ao longo do 2º trimestre o alumnado de 5º, por suxerencia do Equipo de Biblioteca, estivo traballando con algúns dos libros do poeta Antonio García Teijeiro. Iniciouse ao alumnado no coñecemento da súa obra, comentando algúnhas das súas poesías e facendo unha  escolma cos poemas que máis lles gustaron de diferentes obras.

25 peixes de mar

Recoñecer algúns dos peixes que con máis frecuencia atopamos nas nosas peixarías, foi o obxectivo desta actividade que se lle presentou aos alumnos de 5º

Museo de Pontevedra

Museo de Pontevedra

O día 30 de novembro de 2012 o alumnado do 3º Ciclo visitou o Museo de Pontevedra e fixo un percorrido, coa axuda dun rueiro, polo casco histórico da cidade.

No outono... cogomelos

Convivencia no Cámping Fieitás

O alumnado de 6º de E.P. fixemos unha convivencia no Cámping de Fieitás ( O Grove ) como desdedida desta etapa no colexio.
Fixemos moitas actividades nas que disfrutamos un montón.
Subimos ao monte e construimos vivacs aproveitando os recursos naturais.

Distribuir contido


by Dr. Radut