Skip to Content

2º Ciclo

A XANELA DE VIÑAGRANDE INTERACTIVA

A partires do 13 de marzo do 2017 o xornal escolar do CEIP de Viñagrande Deiro “A XANELA DE VIÑAGRANDE” actualiza o seu formato e os contidos da información a comunicar.

O alumnado embárcase nun novo proxecto de informar sobre noticias de actualidade cun formato que permite a interactividade grazas á posibilidade de inserir arquivos multimedia: fotos, audios, presentacións, videos...etc.

Ao longo das vindeiras catro semanas o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º participará na elaboración dunha nova versión da Xanela de Viñagrande onde toda a comunidade educativa poderá informarse sobre distintas noticias da actualidade pero contadas polos máis pequenos.

Atendendo á necesidade de que a actualidade entre nas aulas para o seu tratamento educativo, iniciamos esta nova andaina da Xanela de Viñagrande co obxectivo de acercandrnos á actualidade social, cultural, científica, literaria,     económica... aportando a visión dos máis pequenos.

Nesta nova versión, poderemos integrar diversidade de formatos xornalísticos: fotografía, televisión, radio... a través dun traballo sistemático con diferentes tipos de textos e xuntando todo nunha plataforma virtual: a revista interactiva.

A tipoloxía de textos coa que traballaremos permitirán elaoborar distintos tipos de programas xornalísticos:

-          Un informativo ou telexornal.

-          Un programa de radio

-          Un xornal interactivo.

Eses tipos de textos serán moi variados: noticias, descricións, textos publicitarios, pé de foto, informativos, de opinión e mixtos.

Textos informativos: Descrición, noticia e reportaxe

Textos de opinión: artículo, editorial e columna.

Textos mixtos: Crónica e crítica.

 

Non nos despedimos do vello formato, só o actulizamos para traballar coas novas da actualidade.

 

Ademais esta vez poderedes ver día a día como se vai desenvolvendo esta revista interactiva accedendo ao seguinte enlace ubicado na seguinte imaxe.

 

LITERATURA UNIVERSAL: TIRANTE O BRANCO

O alumnado de 3. 4º, 5º e 6º de Educación Primaria está traballando sobre grandes obras da Literatura Universal.

Neste primeiro acercamento, realizamos actividades tan variadas como: videocontos, microrrelatos, mapas mentais biográficos e pasatempos ortográficos. Cando rematan os traballos, confeccionamos un mural sobre cada obra onde se poden ver os traballos relacionados co unha obra determinada da literatura universal.

 

Nesta ocasión presentamos o mural relacionado coa afamada obra de Joanot Martorell: Tirante O Branco.

 

Ademáis dun videoconto, tamén tiveron que elaborar microcontos de menos de 140 palabras que comezaban pola mesma frase inicial que a obra orixinal. Aquí vos deixamos o microconto elaborado por MARÍA CARBALLA (5º ED. PRIMARIA)

 

     Á veira dunha fonte vivía un home vello e sabio chamado Poseidón ao que lle gustaba a natureza e os animais.

     Pero un día cando espertou veu que ao seu lado había unha bandada de mil paxaros mortos e intentou curalos pero morreron, entón decidiu facer a todos os animais e a el invisibles pero entre eles podíanse ver, e decidiu vixiar para ver quen danara aos animais e descubriu que... fora o seu irmán!

     Esperou ao día seguinte e foi en busca de Adiz (o seu irmán) buscouno día e noite, ata que un día chegou ata a mansión de Adiz cando entrou, Adiz morrera, e Poseidón non chegou a saber quen matara a Adiz.

     Aínda que Adiz o tradicionara enterrouno ao lado da súa fonte.

 

     Así foi como Poseidón protexeu moito máis aos seus animais.

 

E para rematar, tamén tiveron que buscar e seleccionar a información máis relevante sobre a biograrfía d@s grandes autores/as da LITERATURA UNIVERSAL. Esta búsqueda de información tiñana que presentar a través duns mapas mentais dixitais. Os resultados foron extraordinarios. Aquí vos deixamos o MAPA MENTAL de Joanot Martorell.

 

A ILLA DO TESOURO

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria está traballando sobre grandes obras da Literatura Universal.

Neste primeiro acercamento, realizamos actividades tan variadas como: videocontos, microrrelatos, mapas mentais biográficos e pasatempos ortográficos. Cando rematan os traballos, confeccionamos un mural sobre cada obra onde se poden ver os traballos relacionados co unha obra determinada da literatura universal.

Nesta ocasión presentamos o mural relacionado coa afamada obra de Robert L. Stevenson: A Illa do Tesouro.

Hecho con Padlet

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria está traballando sobre grandes obras da Literatura Universal. Neste primeiro acercamento, realizamos actividades tan variadas como: videocontos, microrrelatos, mapas mentais biográficos e pasatempos ortográficos.

Cando rematan os traballos, confeccionamos un mural sobre cada obra onde se poden ver os traballos relacionados co unha obra determinada da literatura universal.

Nesta ocasión presentamos o mural relacionado coa afamada obra de Julio Verne: A volta ao mundo en 80 días.

 

Hecho con Padlet

LITERATURA UNIVERSAL: FRANKENSTEIN

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria está traballando sobre grandes obras da Literatura Universal. Neste primeiro acercamento, realizamos actividades tan variadas como: videocontos, microrrelatos, mapas mentais biográficos e pasatempos ortográficos.

Cando rematan os traballos, confeccionamos un mural sobre cada obra onde se poden ver os traballos relacionados co unha obra determinada da literatura universal.

Nesta ocasión presentamos o mural relacionado coa afamada obra de Mary W. Shelley: Frankenstein.

 

Hecho con Padlet

LITERATURA UNIVERSAL. ROMEO E XULIETA

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria está traballando sobre grandes obras da Literatura Universal. Neste primeiro acercamento, realizamos actividades tan variadas como: videocontos, microrrelatos, mapas mentais biográficos e pasatempos ortográficos.

Cando rematan os traballos, confeccionamos un mural sobre cada obra onde se poden ver os traballos relacionados co unha obra determinada da literatura universal.

Nesta ocasión presentamos o mural relacionado coa afamada obra de William Shakespeare: Romeo e Xulieta.

Hecho con Padlet

ENTREVISTAMOS PROFES. TEMA MEDIOAMBIENTAL

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP de Viñagrande Deiro está traballando cos medios de comunicación. Nesta ocasión están preparando un programa de radio de entrevistas sobre o coidado do medio ambiente.

Para escoitar o resto das entrevitas, acceder ao noso canal de PODCAST en IVOOX chuzando na seguinte imaxe:

 

A XANELA DE VIÑAGRANDE. Nº2

No contexto lingüístico literario continuamos coa elaboración dun xornal escolar semanal. Nesta ocasión tocoulle ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria do grupo VIÑAMEDIOS A. 
As actividades que teñen que elaborar son moi variadas: pasatempos diferentes, un cómic por parellas, entrevistas, noticias imaxinadas e verdadeiras. 
Neste segundo número tamén participou alumnado de 5º redactando algunhas das noticias publicadas.


REGRESO DA XANELA DE VIÑAGRANDE

Despois de máis de tres anos sen sair ao camiño, volve A XANELA DE VIÑAGRANDE, con un novo formato pero coa mesma finalidade que antes: manter informada a toda a comunidade educativa do CEIP de VIÑAGRANDE DEIRO. E como homenaxe ao alumnado e profesorador que tanto traballou nela durante moitos anos , recuperamos a última portada editada en maio do 2013.
 


DEREITOS DOS NENOS E NENAS

O próximo 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas, con este motivo o alumnado de 3º e 4º, na materia de Valores Cívicos e Sociais, creou un vídeo para lembrarnos cales son os seus dereitos.

Distribuir contido


by Dr. Radut