Skip to Content

1º Ciclo

PROXECTO PLANTAS E FUNGOS

Estimadas familias.


O primeiro proxecto que desenvolveremos estará relacionado co mundo das PLANTAS E FUNGOS.


Ademais de ser un contido curricular motivante para o alumnado consideramos que é este un tema co que se pode abordar o gusto por aprender e onde se fomente a creatividade, os procesos de experimentación e investigación, o coñecemento da contorna máis próxima, a elaboración de tarefas gratificantes para o alumnado e, como non, o coñecemento da importancia das plantas e dos fungos para a conservación e mellora do medio ambiente (cos numerosos beneficios que nos aportan).
Aproveitamos esta primeira transmisión de información para solicitarvos axuda e que os vosos recursos poidan chegar ás nosas aulas e así enriquecernos mutuamente (os vosos fillos e fillas o agradecerán).
Podedes aportar calquera tipo de material ou coñecemento que estea relacionado coas plantas e cos fungos: libros, monográficos, recollida de información, fotografías, cancións, produtos artísticos, plantas para
coidalas e estudalas.

Para máis información, chuzar na imaxe.

A TELE DAS CIENCIAS NATURAIS NOS VINHAPEQUES

ÚLTIMOS VIDEOS DOS VINHAPEQUES DO COLE

OS EXPERIMENTOS

OS SENTIDOS

OS AMIGOS DO DEZ

Traballos feitos polo alumnado de 1º e 2º para traballar os amigos do dez.

 

 

 

 

 

 

CAMPAÑA PUBLICITARIA TELEVISIVA DOS PARTIDOS POLÍTICOS

Sen parar de traballar, os partidos políticos escolares queren publicitar as principais características dos seus programas electorais. Esta vez tiveron a iniciativa de elaborar uns vídeos de presentación para emitir en TELEVIÑAGRANDE e intentar gañarse os votos dos electores.
 
 
 
 
 

VISITA AO SALÓN DO LIBRO

PROXECTO "PLANETA DEIRO"

A continuación queremos amosarvos os nosos traballos do proxecto "Planeta Deiro". Xeolocalizadores, realidade aumentada, códigos QR, vídeos, postcast, debuxos, textos,...
O alumnado estivo traballando ao longo deste trimestre diferentes contidos e agora podedes ver o produto final!!!
 

DEBUXOS DO QUE PODER BOTAR NOS DIFERENTES COLECTORES

 

 

 

 

 

OS NOSOS COLECTORES XA TEÑEN PEGATINAS

O alumnado estivo poñendo estes días pegatinas nos diferentes colectores da contorna. Esperamos que baixedes as aplicacións para acceder a toda a información que conteñen.
 

INFOGRAFÍAS

Estas infografías dos diferentes colectores están realizadas con Glogster, cada grupo de alumnos/as realizou a súa.
 
 
 
 

RESULTADOS DAS ENQUISAS DO PROXECTO "PLANETA DEIRO"

No noso proxecto realizamos unhas enquisas como parte do traballo levado a cabo, delas puidemos extraer unha serie de datos moi relevantes. O alumnado realizou estas gráficas que vós amosamos.
 

 

 

 

 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut