Skip to Content

Normalización

FESTIVAL ENTROIDO VIÑAGRANDE TREMOEDO 2014

Despois da desfeita que fixo o temporal "Petra", a administración educativa "convidounos" a trasladarnos co alumnado ao CEIP San Bartolomé de Tremoedo mentres duraban as obras.

Froito dese traslado puidemos gozar dunha experiencia moi interesante: compartir con outros alumnos e outras mestras e mestres a maxia de ensinar e aprender uns dos outros.


Cando remataron as obras, quixemos facer unha despedida importante: A conmemoración conxunta do ENTROIDO no CEIP San Bartolomé.


Neste video poderedes desfrutar dos nosos disfraces, dos desfiles musicados e dalgunha que outra sorpresa.



PROXECTO DE USO E FOMENTO DO GALEGO

Presentámosvos o Proxecto de uso e fomento do galego que dende o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do CEIP de Viñagrande Deiro presentamos no mes de febreiro para concorrer á convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego que a Consellería de Educación abre cada ano.

Consideramos necesario que a comunidade educativa debe ser coñecedora deste tipo de proxectos que se desenvolven no centro. O coñecemento facilita a implicación das familias nas actividades, obxectivos e metas que pretendemos alcanzar.

 

Para acceder ao documentos chuzar no adxunto.

 

FESTIVAL DE NADAL 2013

Para festexar o Nadal, o alumnado e profesorado do CEIP Viñagrande - Deiro organizou un gran festival con numerosas e variadas actuacións: música, concursos, sorteos... nas que o alumnado foi o protagonista indiscutible.

As familias asistiron masivamente ao pabillón interior do centro e puideron dar conta da calidade das producións representadas. 

Se non puideches vir, non te preocupes porque aquí vos deixamos a gravación de todo o festival estructurada en función dos ciclos e cursos que participaron. 

 

CANDO MARTIÑO TIVO GAÑAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS - MUSICAL

Para o festival de Nadal, o alumnado do primeiro ciclo do CEIP Viñagrande-Deiro canta un conto moi coñecido por tódolos nenos e nenas que se ilusionan cando teñen que pedirlle os agasallos aos Reis Magos: Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de Reis.

 

VIDEOCONTO: Animais de compañía

O alumnado de segundo curso do CEIP Viñagrande iniciou a elaboración de videocontos cunha primeira obra titulada Animais de compañía de Manuel Lourenzo González e ilustracións de Luís Castro Enjamio e editada por Kalandraka.
Esperamos que vos guste.
 
 

MAGOSTO 2013

O CLUBE DA RETRANCA GALEGA

Aí vai unha de chistes.

Presentamos o resultado da gravación do primero programa do CLUBE DA RETRANCA GALEGA.

A participación do alumnado foi moi positiva, se ben nas primeras etapas tivemos pouca participación e moitas dificultades para atopar a nenos e nenas que foran capaces de expresarse oralmente en lingua galega.
Decidiuse que formaran parte do programa por considerar a importancia da súa participación e esperamos que para as vindeiras actividades os máis pequenos se inicien na utilización da nosa lingua.
 
 

GALICIA EN FOTOS

Grazas á colaboración das familias do alumnado e do profesorado do CEIP Viñagrande puidemos elaborar un mural moi interesante no que Galicia e as súas paisaxes xogan un papel fundamental. 
 
Titulado GALICIA EN FOTOS, o mural recolle fotografías de distintos lugares de Galicia nos que o alumnado, profesorado e familiares estiveron algunha vez. 
 
A finalidade deste mural é básicamente  unir a lingua galega e a nosa toponimia  coa nosa identidade, coas nosas características e en definitiva coñecer e valorar cada vez máis a nosa realidade galega.
 
 
 

VISITA DO PANDIGUEIRO

O xoves 19 de decembro tivemos unha visita moi esperada. Dende o ano pasado o alumnado do noso centro é coñecedor dunha personaxe mítica do Nadal galego que, por segunda vez, decidiu visitarnos.
Despois dunha viaxe longa dende O Courel O Pandigueiro puxo os seus pés en Viñagrande para analizar se os nenos e nenas deste lugar tiñan estaban ben mantidos e, de paso, traerlles un agasallo.
 
Para quen non o saiba, a súa maneira de actuar é a seguinte:

O día 31 de decembro baixa da montaña e visita aos nenos e nenas, despois de quedaren durmidos. Entón apálpalles a barriga por ver se están cheos os se teñen fame.
De teren a barriga chea, di: "Así, así esteas todo o ano" e déixalles unha man chea de castañas. De ver que teñen a barriga baleira, non di nada, mais tamén deixa unha presada de castañas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut