A finais do curso pasado celebramos o I Festival "Cantando contos" onde todo o alumnado do centro mostrou as súas dotes de artistas poñendolle letra e música a contos traballados na aula:
a) O alumnado do terceiro ciclo do CEIP de Viñagrande Deiro canta e conta "A máscara do león" de Margarita del Mazo coas ilustracións de Paloma Valdivia e editado por OQO editora.
A base musical foi editada a partires de "The final countdown" de Europe.
b) O alumnado do primeiro ciclo de Educación Primaria do CEIP Viñagrande Deiro conta mentres canta "A cousa que máis doe do mundo".
Un conto onde se narra que hai algo que doe moitísimo.... Que será? A autoría corre a cargo de Paco Liván e as ilustracións de Roger Olmos e algunhas outras do alumnado. Editado por OQO editora.
A base musical foi editada a partires de "O porquiño" de Susa Herrera.
c) O alumnado do segundo ciclo do CEIP Viñagrande Deiro canta o conto "Carabuñas" de Margarita del Mazo con ilustracións de Charlotte Pardi e editado por OQO editora.
A base musical foi editada a partires de "Under pressure" de Queen e David Bowie.
d) O alumando de Educación Infantil do CEIP Viñagrande Deiro canta e conta "O pirata pata de lata" de Oli. As ilustracións coren a cargo de Ramón Trigo e a edición é de Kalandraka.
Un rap que ten como orixe unha canción dun centro amigo: o CEIP Coirón Dena, a quen lle pedimos prestada a base musical e as súas ideas. GRAZAS.