Normalización

BLOGUE DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN

Toda a información sobre o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e das actividades que se levan a cabo para o uso e fomento do galego no CEIP de Viñagrande Deiro poderedes topalas accedendo ao blogue CHISQUIÑA chuzando na seguinte imaxe.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Despois dun duro traballo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración do Equipo de Biblioteca presentan aos protagonistas da SEMANA DAS LETRAS GALEGA. O alumnado do CEIP de Viñagrande Deiro terá a oportunidade de vivir, en directo, a maxia do traballo que realizan as seguintes persoas de relevancia internacional que levan a Galiza e á lingua galega alí a onde van. 

 

       

   

Defendendo o Galego

Durante a semana adicada ás Letras Galegas, os pais e as nais, o alumnado e o profesorado do C.E.I.P. Viñagrande-Deiro fixemos esta pequena exposición en defensa da nosa Língua.....O Galego.

Hainos fermosos, moi fermosos.Mirade......

 

TECNOLOXÍAS DO SÉCULO XX. EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DO ALUMNADO.

Despois de recibir as fotografías da tecnoloxía que cada un tiña nas súas casas e do traballo realizado nos distintos ciclos, chegou o momento de realizar a exposición dos mesmos.
O alumnado de infantil e o de primaria realizaron distintos murais que acompañaron con distintos aparellos tecnolóxicos... 
Dita exposición estará no colexio ao longo deste mes de xaneiro e febreiro. 
 

FESTIVAL DE NADAL 2014

Para rematar 2014 o alumnado do CEIP Viñagrande celebrou un festival no que participou todo o alumnado do centro. A este festival acudiu un gran número de pais/nais e familiares do alumnado.
Ao remate do festival, a ANPA do colexio agasallounos cun chocolate e rosca que estaban deliciosos...
 

FOTOS DO PANDIGUEIRO

Logo da visita do Pandigueiro ao colexio onde o alumnado gozou cos seus contos e aventuras, deixamos neste blog as fotografías que realizamos co noso amigo...
 

BUXAINAS

 Queremos darlle a tódolos participantes que nesta semana estiveron xogando as buxainas no patio do noso colexio as nosas felicitacións por participar nesta actividade. Esperamos que en vindeiros anos a participación sexa maior e así poder gozar todos deste xogo tradicional galego.
 

AS FOTOS DO MAGOSTO

Dende o ENDL agradecer á xente de O Grove os xogos que nos deixaron para celebrar o Magosto e así poder gozar deste día.

MAGOSTO

Mañá martes celebramos o magosto no colexio, polo que todo o alumnado que poida debe traer unhas poucas castañas picadas e unha pouca de leña.

A partir das dez e media baixaremos ao patio a xogar cos xogos tradicionais que nos deixaron e ás doce degustaremos castañas asadas.

Tódalas persoas que queiran participar da nosa festa están invitadas.

Un saúdo

ENDL

TORNEO DE BUXAINAS

 

Powered by Drupal - Design by artinet