Skip to Content

Lexislación de centro

PXA CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 2017 - 2018

CONCRECIÓN CURRICULAR DO CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

          O documento que aquí presentamos constitúe unha clara explicación pola aposta metodolóxica e de organización que imos desenvolver no noso centro durante os vindeiros anos. Nel poderase percibir como se producen os procesos de ensino e aprendizaxe nas nosas aulas e a maneira na que estruturamos os espazos e tempos educativos así como un conxunto de regras e normas consensuadas que nos permitirán coñecer dun xeito pormenorizado o tipo de traballo que se desenvolve no CEIP de Viñagrande Deiro.

            Como ensina o profesorado, como aprende o alumnado, cal é a atención educativa que se lle dispensa, cales son os acordos que todo mestre ten que asumir á chegada ao noso centro... serán elementos a ter moi en conta para que o modelo pedagóxico que aquí presentamos perdure durante moitos anos.

             Esa vision de construir un sistema de traballo duradeiro será a garantía de asegurar a equidade e igualdade de acceso á aprendizaxe polo alumnado e asegurará tamén o desenvolvemento e requerimentos dunha determinada función docente. É o noso obxectivo que todo o profesorado coñeza, unha vez que chega ao noso centro, como os mestres e mestras desenvolven o seu traballo coa finalidade de asegurar unha verticalidade coherente na aprendizaxe dos nenos e nenas.

             Ao ser o noso un centro vivo, dinámico e transformador, queremos deixar constancia de ser este un documento igual de vivo, dinámico e transformador. Deste xeito a concreción curricular que aquí se presente debera ser, obrigatoriamente, revisada ao inicio de cada curso no segundo claustro do mes de setembro co obxectivo de inserir nel todo proceso de cambio que vaia afectando ao propio centro e ás súas estruturas de organización e funcionamento.

 

MEMORIA FINAL CURSO 2016 -2017

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL 2016 - 2017

PROXECTO EDUCATIVO DO CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Dende o CEIP de Viñagrande Deiro queremos que todas as persoas interesadas teñan a oportunidade de coñecer a organización e funcionamento do novo modelo de centro que este ano comeza a poñerse en práctica.

Para iso, decidimos incorporar na nosa páxina web os documentos que integraron o Proxecto de Dirección que se presentou a finais do curso pasado perante a administración educativa para a súa valoración. 

Estes documentos son a base do futuro Proxecto Educativo que se está elaborando e que haberá que aprobar durante este curso 2016 - 2017. Por ese motivo, xa que só é un proxecto de dirección, decidiuse que as persoas que estean interesadas en acceder aos documentos que aquí se insiren deberan pasar pola dirección do centro para solicitar unha clave que lles permita abrir os arquivos.

Non está permitida a copia nin a impresión da información que os documentos conteñen, só a súa visualización en liña.

Para acceder, tedes que chuzar na imaxe do documento que queredes abrir e, a continuación, inserir a clave que vos proporcione a dirección do centro.

 

 

MEMORIA FINAL CURSO 2015 -2016

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL 2015 - 2016

MEMORIA FINAL CURSO 2014-2015

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL 2014-2015

Xuntamos a Progamación Xeral Anual que desenvolveremos ao longo do curso 2014-2015.

Distribuir contido


by Dr. Radut