Complementarias

DÍA DA PAZ 2017

O día 30 de xaneiro do 2017, todos os colexios públicos de Vilanova de Arousa xuntámonos para celebrar o Día da Paz. A continuación, poderedes ver un vídeo de dita celebración:

 

Día da Paz Vilanova de Arousa 2017 from Elite Fotografía on Vimeo.

FESTIVAL DE NADAL (2016)

VISITA DE PAPÁ NOEL (2016)

O MAGOSTO

O SAMAÍN

 

SAÍDA Á ILLA DE ONS

Gaiteiros no noso cole

O venres 6 de maio tivemos unha sorpresa do máis agradable! Os Gaiteiros que facían de pasa rúas por San Miguel con motivo das festas patronais fixeron unha parada no noso cole e disfrutamos un montón escoitando a súa música e cantando e bailando con eles. Gracias! 

Día da Paz

O día 29 de xaneiro de 2016, todos os colexios públicos de Vilanova de Arousa, xuntámonos por primeira vez no campo de fútbol do Terrón para celebrar o Día da Paz.Pese a non contar con moito tempo para organizalo, pensamos que foi todo un éxito.Aquí vos deixamos un video no que se pode observar a cantidade de nenos/as, profesores/as e familias que poideron disfrutar dun día de verdadeira armonía.

 

<

MAGOSTO 2015

      O pasado venres 20 de novembro celebramos a festa do outono,O Magosto.

   Puidemos disfrutar dunha mañá soleada no patio do colexio, comendo castañas e practicando gran variedade de xogos populares galegos.

Aquí deixamos pequenos anacos de ese día:

 

SAMAÍN 2015

Ao longo desta semana celebramos o Samaín no colexio: decoramos as aulas, os corredores, a entrada, as portas,...e tamén houbo varias sesións de contacontos de medo.

As familias trouxeron  estupendas cabazas decoradas  que colocamos nas escaleiras.

Ademais hoxe viñemos disfrazados e houbo unha sesión de cine acompañada de deliciosos flocos de millo.

Moitas grazas pola vosa colaboración e esparamos que desfrutarades do Samaín!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet