Skip to Content

Biblioteca

GALICIA

       Os nenos de 1º de Educación Primaria déixannos esta mostra do seu ben facer como poetas, nunha das últimas entregas do noso recanto poético. Gozade con eles escoitando este canto a Galicia!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

      Estas son as recomendacións de lectura do segundo trimestre e, xa que durante o mesmo fixemos varias actividades en relación á poesía, desta vez animámosvos a coñecer algúns libros nos que, sen dúbida, gozaredes de fermosos versos.

 

DÍA DA POESÍA

       O pasado martes celebramos o día da poesía cunha sesión da hora de ler un tanto especial, na que cada curso recitou o poema elixido para o recanto poético.

CADERNOS VIAXEIROS

       As mochilas viaxeiras dalgunhas clases xa remataron a súa andaina e con elas chegaron os cadernos viaxeiros, onde os nenos e as súas familias puideron deixar pegada, con ilustracións, comentarios, opinións... Aquí podedes ver unha pequena mostra. Moitas grazas a todos por participar! 

 

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

     O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, pero como é fin de semana, nós celebrarémolo o próximo martes 24 de marzo. Será durante a hora de ler e cada clase recitará a poesía elixida para o recanto poético.

 

OS ANIMAIS

       Chega unha nova entrega do recanto poético da man e da voz dos nenos de 3º de Educación Primaria que nos presentan este singular poema de Paula Carballeira. Gozade con eles! 

ADIÓS, RÍOS; ADIÓS, FONTES

       Coincidindo coa celebración do día de Rosalía de Castro tivemos no recanto poético un dos seus poemas máis coñecidos, elixido pola clase de 5º de Educación Primaria, que nos deixou abraiados coa súa ilustración e recitado.

       Esoitade e gozade co seu traballo!

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

       O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro, coinidindo coa data do seu nacemento. Este ano fixémoslle unha pequena homenaxe cantando cancións con letra dos seus poemas, todas elas do libro "Rosalía Pequeniña" de Uxía Senlle.

        Ademais, os alumnos e titores do 3º ciclo prepararon unha presentación que nos explicaron este día e coa que aprendemos moitas cousas da vida e da obra de Rosalía de Castro.

     Algunhas familias achegáronse para compartir con nós este día. Moitas grazas a todas!                                                                         

DÍA DE ROSALÍA

       O vindeiro martes, 24 de febreiro, celebraremos o Día de Rosalía de Castro. Os alumnos do 3º ciclo contarannos cousas sobre esta ilustre escritora e todos cantaremos cancións coas letras dos seus poemas. 

 

ESTA NOITE SOÑEI

       Esta é a poesía que elixiron os nenos de 5º de Educación Infantil para o recanto poético e que non só a recitaron esplendidamente, senón que tamén a escenificaron. Escóitaos e gozarás de doces soños!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut