Skip to Content

Biblioteca

CHAVETA PRESENTA...

EU RECOMENDO...

     Nestes días Chaveta enviou unha carta a todas as aulas para animar a nenos e mestres a opinar sobre as súas lecturas. Eu recomendo... é unha actividade coa que queremos coñecer a valoración do alumnado das diferentes lecturas que realizan, tanto na aula como nas casas, e así animar a outros compañeiros a achegarse a esas lecturas ou aconsellar ao equipo de biblioteca para realizar novas adquisicións de fondos.

        Agardamos a vosa participación!

CHAVETA ABRE DE NOVO AS PORTAS...

       Chaveta xa está de volta! Despois dunha intensa tempada de moitos cambios, reformas e novidades, xa podemos gozar de novo da nosa bibioteca. Verás que temos un novo espazo, moito máis grande, con máis funcionalidades e con moitísimas novidades.

        Moitas grazas a todos os que colaboraron para facer este proxecto realidade! Agardamos que vos guste!!!

 

CHAVETA DESÉXAVOS... FELICES LECTURAS!

       Chaveta deséxavos unhas felices vacacións e agarda que estas veñas cargadiñas de boas lecturas. Por iso, para axudar na tarefa de atopar o agasallo perfecto aquí vos deixa unhas boas recomendacións; unha escolma de libros para gozar a calquera idade, para saborear de xeitos moi diferentes descubrindo sempre algunha nova sensación.

       BO NADAL E FELICES LECTURAS!!!

A XANELA DE VIÑAGRANDE. Nº2

No contexto lingüístico literario continuamos coa elaboración dun xornal escolar semanal. Nesta ocasión tocoulle ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria do grupo VIÑAMEDIOS A. 
As actividades que teñen que elaborar son moi variadas: pasatempos diferentes, un cómic por parellas, entrevistas, noticias imaxinadas e verdadeiras. 
Neste segundo número tamén participou alumnado de 5º redactando algunhas das noticias publicadas.


MOCHILAS VIAXEIRAS

       Outro ano máis xa están en marcha as mochilas viaxeiras, que chegarán a todas as casas con diferentes propostas para gozar en familia dos contos, a música, a poesía, a arte, a natureza.... Esperamos que sexa unha agradable experiencia e animámosvos a compartila con todos os compañeiros deixando as vosas achegas no caderno viaxeiro.

       Feliz Lectura.

             



PLAN DE MELLORAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

       No DOG do 26 de outubro publícase a Orde de 13 de outubro pola que se resolve a convocatoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) para o curso 2016/2017, cunha gran nova para o noso centro, xa que o proxecto presentado o curso pasado foi seleccionado e agora xa somos centro PLAMBE!

       Grazas a este proxecto poderemos levar a cabo moitas melloras na nosa biblioteca, así que este será un ano no que Chaveta nos dará moitas sorpresas. Agardámosvos para gozar de todas elas!

Bibliotecas escolares de Galicia

Resolución definitiva do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.

REGRESO DA XANELA DE VIÑAGRANDE

Despois de máis de tres anos sen sair ao camiño, volve A XANELA DE VIÑAGRANDE, con un novo formato pero coa mesma finalidade que antes: manter informada a toda a comunidade educativa do CEIP de VIÑAGRANDE DEIRO. E como homenaxe ao alumnado e profesorador que tanto traballou nela durante moitos anos , recuperamos a última portada editada en maio do 2013.
 


O PAPAGAIO

       Chaveta preséntanos... O PAPAGAIO.

     Xa temos na nosa biblioteca os dous primeiros números do xornal O Papagaio. Unha atractiva maneira de estar informados de toda a actualidade. Un xornal en gelego que nos achega interesantes artigos de temas moi variados.

       Anímate a lelo e mantente informado!

APERTURA DA BIBLIOTECA E VISITA DE ANXO MOURE

       O pasado xoves, 20 de outubro, Chaveta convidounos de novo á biblioteca. Xunto a ela, agardándonos para darnos a benvida, estaba Anxo Moure. Subido no seu "nubinete" levounos de viaxe por unha morea de historias, historias moi vencelladas coa natureza e o coidado das nosas árbores. Foi unha velada moi divertida que rematamos dándolle apertas ás árbores que temos no noso colexio e, en especial, a unha sobreira.



       Ademais de coñecer a Anxo Moure, tivemos a oportunidade de ver algunhas das novas adquisicións da biblitoeca. Unha selección de libros especialmente escollidos para todos os nenos do colexio.
E, para rematar a velada, Chaveta agasallou a cada aula cunha caixa de libros para as bibliotecas de aula.
FELIZ LECTURA!
Distribuir contido


by Dr. Radut