Skip to Content

Biblioteca

CHAVETA PRESENTA...

O INFORMADEIRO

 Este curso 2016 - 2017 iniciouse con grandes cambios. Nestes momentos estamos rematando de configurar un novo contexto de aprendizaxe denominado O INFORMADEIRO e que se sitúa na nova biblioteca escolar e constitúe unha importante peza do Plan de Mellora da Biblioteca Escolar.

Nel o alumnado vai ter a oportunidade de darlle saída aos traballos que elaboran no interior das aulas a través dos distitintos medios de comunicación: xornais e revistas escolares, radio, televisión e redes sociais (inda xestionadas polo profesorado). 

Na nova biblioteca contamos xa con tres novos espazos ben definidos para o traballo en RadioDeirOnline, en TeleViñagrande e na edición e publicación do xornal escolar A Xanela de Viñagrande

O que aquí vos presentamos é unha selección das actividades que se desenvolveron ao longo deste curso grazas aos medios de comunicación cos que traballamos. Nesta web poderedes acceder a programas de radio, de televisón e as distintas modalidade de revistas e xornais escolares que fixo o alumnado.

Esperamos que vos guste porque será unha rutina a partires dagora ver ao alumnado converterse en xornalista nunha nova biblioteca escolar multifuncional e  multidisciplinar.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=system/files/informadeiro.jpg

A MELLOR SOPA DO MUNDO

    Os nenos de Educación Infantil pasárono en grande preparando unha sopa cos mellores ingredientes, grazas ao conto de Susanna Isern "A mellor sopa do mundo" que contou a profe Mari.

       Ao rematar, ademais de remexer a pota para dar o último toque á sopa, tamén escoitaron a canción sobre o conto recollida no libro "Máis contos en cantos" de Almudena Janeiro.


CHAVETA PRESENTA...

CHAVETA PRESENTA...

CHAVETA PRESENTA...

EU RECOMENDO...

       Aquí nos chegan varias recomendacións lectoras dos compañeiros de 3º. Botádelles un ollo e de seguro vos animades con algunha das súas propostas.

INTISSAR

 

XOÁN

ANTÍA

MARÍA

NEREA

IVONNE

LÍA

CÉSAR

CHAVETA PRESENTA...

EU RECOMENDO...

     Nestes días Chaveta enviou unha carta a todas as aulas para animar a nenos e mestres a opinar sobre as súas lecturas. Eu recomendo... é unha actividade coa que queremos coñecer a valoración do alumnado das diferentes lecturas que realizan, tanto na aula como nas casas, e así animar a outros compañeiros a achegarse a esas lecturas ou aconsellar ao equipo de biblioteca para realizar novas adquisicións de fondos.

        Agardamos a vosa participación!

CHAVETA ABRE DE NOVO AS PORTAS...

       Chaveta xa está de volta! Despois dunha intensa tempada de moitos cambios, reformas e novidades, xa podemos gozar de novo da nosa bibioteca. Verás que temos un novo espazo, moito máis grande, con máis funcionalidades e con moitísimas novidades.

        Moitas grazas a todos os que colaboraron para facer este proxecto realidade! Agardamos que vos guste!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut