Skip to Content

Biblioteca

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 2019 - 2020

Amigos e amigas do CEIP de Viñagrande Deiro.

O que a continuación teredes a oportunidade de ver é un novo proceso de transformación do centro. 

Estamos preparando unha verdadeira revolución artística no centro. Para facelo o alumnado do CEIP de Viñagrande Deiro decidiu, no I Consello Escolar da Infancia, converter o cole nun museo. 

Aquí vos deixamos co cartel oficial do evento e con toda a información que precisades: díptico, planos, cuñas publicitarias, anuncios televisivos...etc.

Desexamos que, un ano máis, gocedes dos traballos dos vosos fillos e fillas e que xuntos sigamos abrindo o colexio á comunidade educativa.

MUSEO VIÑAGRANDE

Continuamos informando.
Amigos e amigas, o vindeiro 20 de xuño o CEIP de Viñagrande Deiro rematará o curso cunha nova transformación. As aulas serán as salas dun dos mellares museos da comarca.
No seguinte díptico, realizado no Informadeiro por tes nenas do centro, teredes unha pequena parte da información que os visitantes terán a oportunidade de presenciar.
 
Seguimos abrindo o colexio á comunidade educativa!

 

 

PLANOS DO MUSEO VIÑAGRANDE

Isto xa é unha locura!

O CEIP de Viñagrande Deiro está en fase de transformación unha vez máis!

Desta non son obras, nin alagamentos, nin patios novos...
Desta vez as nosas aulas vanse converter en salas dun museo multitemático.
Para que non vos perdades contamos coa axuda duns planos moi clariños que vos facilitarán os movementos polas distintas salas.
 
Queredes ver o que vos espera o día 20 de xuño? Pois analizade ben as seguintes imaxes!
 

FAREMOS DO COLE UN MUSEO. TEREMOS GUIAS.

Boas amigos e amigas do Facebook!

O vindeiro 20 de xuño imos facer algo grande no colexio. 
Para abrir boca igual este vídeo axuda a comprender o que ides ver. Ou non!

Contaremos con guías. Non sei si serán tan espabilados/as coma este pero de seguro que nos axudarán a comprender mellor as temáticas do MUSEO VIÑAGRANDE.

n/d

ESTE COLE NON PARA. MÁIS CAMBIOS!

E veña, e dalle!
Seguimos cambiando este cole!
Agora tócalle ás aulas. 
O vindeiro 20 de xuño as aulas do CEIP de Viñagrande Deiro serán salas dun museo moi espacial. 
Pronto teredes máis información. 
Mentres, escoitades estas fermosas cuñas publicitarias feitas en RADIODEIRO.

 

RADIODEIRO INFORMA: O COLE CONVÉRTESE NUN MUSEO

Atención, atención!
O vindeiro xoves 20 de xuño o CEIP de Viñagrande Deiro deixará de ser un colexio para converterse nun museo multitemático. Máis de 10 salas con exposicións e vivencias moi variades.
De verdade que non vas vir?

 

CUÑAS PUBLICITARIAS. PDI O COLE CONVÉRTESE NUN MUSEO.

Novas, novas!
20 de xuño!
O cole convertirase nun museo!
Non o perdades!

 

PDI: A SAÚDE E A MELLORA DA CALIDADE DE VIDA

Presentámosmos o cartel publicitario da I Edición da Exposición do Proxecto Documental Integrado do Ceip DE Viñagrande Deiro sobre a necesaria MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS.
O vindeiro 21 de xuño teredes a oportunidade de ver "in situ" os traballos que desenvolve o alumnado nas aulas. 
Pero desta vez serán eles mesmos os que volos conten.

Debemos agradecer tamén a gran axuda ofrecida polo CEIP As Covas de Meaño. A colaboración entre centros mellóranos mutuamente. Grazas de corazón!

 

 

 

 

 

 

DÍPTICO PDI A MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS

Queredes saber algo máis da primeira edición de presentación de traballos do Proxecto Documental Integrado do CEIP de Viñagrande Deiro?
Neste díptico preparado pola aula de 3º de Educación Primaria ofrecémosvos moitas pistas. Mirade, mirade!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut