CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO

Secretaría, Admisión e matrícula, Calendario escolar, Fondolibros

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

As familias do alumnado de 6º de Educación Primaria poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación no menú:

Solicitudes- Reserva- Crear

 

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou encalquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do ProcedementoAdministrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365ou certificado dixital, e sendo ésta a canle preferible de presentación.

Prazos: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

AUTORIZACIÓNS E DECLARACIÓN RESPONSABLE

 

A seguinte documentación hai que descargala, cubrila e entregala á persoa titora (antes do 18 de setembro a través do alumnado nun sobre ou funda):

-Declaración responsable das familias.

-Autorización do uso da imaxe.

-Actualización dos datos do alumnado.

-Autorización saídas pola contorna.

-Autorización recollida do alumnado: descargar e cubrir a máis indicada (alumnado transportado, non transportado, que marcha sen acompañamento do centro ou baixa sen acompañamento do transporte).

 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

 

Debido ao establecido na Lei de protección de datos non se publicarán as listaxes no taboleiro do centro, poden consultar a información accedendo á aplicación Fondolibros da Xunta (no menú “cidadáns”). Todas as solicitudes foron admitidas agás as das familias que foron avisadas individualmente por teléfono.

 

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 

Os vales repartiranse pola persoa titora no mes de setembro.

 

Distribuir contido