Skip to Content

ABC

OS CONTEXTOS DE APRENDIZAXE

O alumnado de 3º e 4º, mesturados, e de 5º e 6º (tamén mesturados) desenvolven a súa aprendizaxe atendendo á seguinte actuación pedagóxica, organizativa e didáctica:

 

Contextos de Aprendizaxe: En cada contexto trabállanse proxectos dunha área que, unido a outros temas diversos, interrelaciona coas distintas áreas de coñecemento e complementan o currículo dun xeito multidisciplinar. En cada contexto traballa un docente como mínimo. As aulas de 3º, 4º, 5º e 6º converteranse nos seguintes contextos de aprendizaxe e neles traballarase atendendo ás seguintes dinámicas:

 

O LABORATORIO: Proxectos Científicos nos que se desenvolven todas as competencias clave dun xeito integral e con naturalidade, e nos que se traballan establecendo relacións entre os contidos da competencia científica e os de outras competencias (lingüística, tecnoloxica, lóxica e matemática, social…etc.).

O contexto científico está dividido en catro ou cinco minicontextos (en función da ratio) nos que se traballan devanditos proxectos dende unha perspectiva ampla de desenvolvemento competencial.

Os diferentes recantos presentes nesa aula determinan a tipoloxía de actividades a desenvolver.

-Laboratorio: recanto adicado principalmente á realización de experimentos ou investigacións diversas, segundo a temática do proxecto estudiado. O alumando pode comprobar de primeira man procesos coma a fotosíntese ou os cambios de estado da auga entre outros.

-Museo: recanto entendido  como un espacio de cultura e de aprendizaxe, que moitas veces supón unha verdadeira revolución didáctica  moito máis potente que a mera transmisión de contidos. Os nenos traballan de maneira creativa na reproducción de murais ou maquetas coma a pirámide dos alimentos ou un ecosistema mariño ou terrestre.

-Biblioteca: centro de recursos para a aprendizaxe que ofrece oportunidades para realizar experiencias de creación e utilización de información co fin de que adquiriran conoñecementos, comprendan e desenvolvan a imaxinación.

O alumnado familiarízase coa investigación e búsqueda de información en libros de ciencia e guías didácticas.

-Recanto das TICs: este é un lugar para coñecer e utilizar tódalas posibilidades que o soft e o hard informático posibilitan (procesadores, bases de datos, enciclopedias, aplicacións, multimedia, etc.). Preténdese que os nenos busquen e seleccionen na rede a información necesaria e a utilicen para os seus proxectos, actividades, traballos e iniciativas científicas. Que creen con estas ferramentas todo tipo de documentos, arquivos, información e a comuniquen a través de internet.

-A impresión 3D: Consiste en reproducir pezas a escala dos seu diseños para fabricar prototipos de traballo relacionados con contidos escolares: arquitectura, máquinas simples, escultura...etc.

Previamente á impresión 3D o proceso iníciase no traballo de debuxo en papel (2D) para logo trasladalo a barro ou a plastilina e finalmente ao linguaxe informático dun software que permite crear obxectos en tres dimensións.

 

A CALCULADEIRA: Proxectos Matemáticos nos que é moi importante acercar os conceptos matemáticos á vida e á posibilidade de vivilos dun xeito práctico e manipulativo. Neste contexto haberá distintos espazos (recantos) que, dun xeito global, nos permitirán comprender a utilidade das matemáticas na vida real:

 

-A robótica: Pensado como lugar para achegarse á programación e, de paso, traballar contidos referidos á competencia matemática: numeración, lonxitude, formas xeométricas, medidas de tempo e distancia…etc.

-Supermercado: Recanto dedicado principalmente á realización de todo tipo de operacións que teñan que ver cun supermercado pero non soamente operacións senón tamén o cálculo de porcentaxes, fraccións, capacidade, peso,...

-Vida cotiá: As matemáticas están presentes en moitos momentos da nosa vida e é neste recanto onde se traballan. Dende saber interpretar unha escala ata o prezo das porcións dunha empanada son cuestións traballadas neste recanto.

-Xeometría: Recanto no que se fomentan as matemáticas debuxadas, figuras xeométricas, planos, ángulos, prismas, escalas, circunferencias,... A representación espacial ten unha importancia moi destacada neste recanto e as veces é a gran esquecida nos contidos pero nós concedémoslle con este recanto a importancia que se merece. 

-Tratamento da información: É este un lugar para a interpretación de facturas, tíckets, nóminas, descontos,... aquela información en forma de números que temos que analizar e interpretar por medio de operacións.

 

A VERBADEIRA: Proxectos Literarios ou Lingüísticos nos que se desenvolverán dun xeito multidisciplinar e transversal contidos variados e de distintas disciplinas: ciencias, valores, linguas, conmemoracións especiais, os temas transversais…etc. Neste contexto terán especial tratamento a linguaxe oral e a linguaxe escrita a través do establecemento de recantos que permitirán traballar con diferentes tipoloxías de textos e programar distintas actividades:

-Literatura Virtual: Este minicontexto está adicado a creación por parte do alumnado de escenarios en realidade virtual onde calqueira persoa poida percorrer os espazos, escoitar e ver os lugares e acontecementos de determinadas obras litearias infantiles.

Tamén será de utilidade para ter acceso, a través dunhas gafas de RV, a escenarios diversos e asociados á realidade na que o alumnado vive: espazos naturais, artificiais, imaxinados… e colocar neles textos, imaxes, vídeos e audios que axuden a comprender mellor ditas realidades.

-Procesando Textos: Recanto adicado principalmente a expresión escrita con actividades centradas na elaboración de diferentes tipos de textos que posúen unhas características xa definidas: relatos, noticias, receitas, menús, diálogos, narracións, poemas, descricións...

-Literatura Creativa: Neste espazo o alumnado terá a oportunidade de darlle rienda á súa imaxinación a través da creación literaria creativa con actividades como: glosarios, adiviñas, cómic, microrrelatos, twits, carteis publicitarios, cartas, poesía, pareados...

-Conferencias: Recando no que se fomenta a expresión oral con actividades como: videocontos, contacontos, entrevistas, programas de radio, exposicións orais, presentacións con audio incorporado, videotutoriais...

-Pasatempos: É este un lugar para o xogo coa lingua e coa palabra. Actividades tan variadas como: sopas de letras, crucigramas, dameros, xeroglíficos, aforcados, cruzadas, adiviñas, deducións, definicións, pasapalabra... son de moi bo gusto para o alumnado. Neste caso non só teñen que intentar facer os distintos pasatempos que se lle plantexan senón que tamén deberán elaborar pasatempos propios.

 

HUMANIDEIRO: Dende unha perspectiva actual e atendendo sempre a realidade social e cultural onde vive e se desenvolve o alumnado, este contexto vai ser vital para comprender o que nos rodea. Serán proxectos nos que tamén van intervir varias disciplinas e onde se tratarán fundamentalmente temas relacionados coas as ciencias sociais dende unha perspectiva determinada: entendendo o que sucede ou sucedeu ao noso redor, poderemos entender o que sucede ou sucedeu en contextos máis amplos e descoñecidos.

No contexto humanístico existen catro ou cinto espazos ben diferenciados que permiten o desenvovemento competencial do alumnado;

-Espazo aumentado: pensado para que o alumnado aumente imaxes (a modo bits de intelixencias) relacionadas cos contidos propios das ciencias sociais.

Ao aumentar esas imaxes escanándoas, teremos a oportunidade de acceder a información creada polo alumnado en multitude de formatos: audio, imaxe, vídeo, texto, gráfica…

-Espazo Documental: neste recanto o alumnado busca, selecciona, organiza información sobre diferentes temas (en soporte escrito ou dixital) coa finalidade de producir algo.

-Espazo Xeográfico: neste recanto o alumnado utiliza planos, mapas, planisferios, globos terráqueos, etc.,  para localizar e situar diferentes elementos:  formas do relevo, ríos, países, lugares de interese...

-Espazo Audiovisual: neste recanto o alumnado emprega diferentes medios audiovisuais para publicar e transmitir os coñecementos adquiridos. Os medios e recursos empregados son: tablets, ordenadores, aplicacións dixitais e programas informáticos de texto, imaxe, audio  e vídeo.

-Espazo Artístico: neste recanto o alumando elabora diferentes creacións plásticas sobre os temas traballados.

 

O INFORMADEIRO: Todas as actividades teñen un paraqué en sí mesmas, unhas veces é gozar ao realizalas, e outras veces na saída que teñen cara ao exterior a través dos medios de comunicación: radio, prensa, televisión, internet, exposicións, presentacións, representacións, debates, etc. Á vez que lle dan sentido e funcionalidade ás actividades, os medios de comunicación fan que medre o interese e a motivación. O tipo de saída que teñan as actividades determinará a planificación, a responsabilidade do alumnado e o uso de recursos. Contamos cun espazo no centro no que colocamos os recursos necesarios para desenvolver nel programas de radio, televisión, elaboración da prensa escrita e confección e edición dun caderno de bitácora online. Este espazo ten un grupo asignado cada dous días e conta cuns mestres que diariamente pasa a xornada lectiva nese espazo.

Dous alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º desenvolverán cada dous días o traballo dos medios de comunicación. O traballo consiste na elaboración de escaletas para a radio, programas de televisión (debates, informativos…), noticias para o xornal escolar e a publicación das novidades nas redes sociais do centro e no blog do Informadeiro.

 

Neste tipo de organización, os contextos de aprendizaxe soen ser estables ao longo de todo o ano. Esto quere decir que o alumnado pasa, periódica e sistemáticamente por todas as zonas para traballar nun proxecto determinado dun xeito multidisciplinar desenvolvendo así todas e cada unha das competencias clave. Esta estabilidade ofrécelle ao alumnado a posibilidade de profundar no coñecemento e desenvolver as súas capacidades.

Os contextos de aprendizaxe son complementarios. En todos eles, á parte da aprendizaxe de conceptos e procedementos tamén axudan a ir desenvolvendo a personalidade e as relacións sociais.

A organización social destes espazos posibilita a expresión de emocións e a interacción. Por medio desta interacción os esquemas conceptuais e  actitudinais van evolucionando, e ao mesmo tempo vaise desenvolvendo a identidade de cada persoa e a do grupo. Para logralo, fomentamos o traballo en grupo, xa que a interación mutua serve para enriquecer o proceso de aprendizaxe de cada individuo.

 

Deste xeito se organiza a actuación educativa do CEIP de Viñagrande Deiro. 

Distribuir contido


by Dr. Radut