Skip to Content

PCE

PROGRAMA CURRICULAR ESPECÍFICO

En Educación Primaria, cada grupo de alumnos/as, do mesmo nivel, sitúase na aula co seu titor/a para desenvolver tarefas centradas en determinados contidos establecidos no currículo para estes niveis da Educación Primaria e que están previamente determinados nas programacións didácticas: principalmente contidos referidos á competencia en comunicación lingüística e matemática que son propios de cada nivel: ortografía, vocabulario e gramática nas linguas, cálculo, numeración e algúns contidos máis que é necesario traballar dun xeito máis específico co grupo de igual idade.

Concretamente soen ser os contidos referidos ao Bloque 2 da área de matemáticas e ao bloque 4 de contidos das áreas lingüísicas.

O mestre de Inglés tamén conta con sesions curriculares específicas para traballar contidos referidos ao vocabulario e gramática da lingua inglesa.

Distribuir contido


by Dr. Radut