Skip to Content

PET

PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ

           Dende o curso 2015-2016 estase a por en marcha este proxecto de estimulación temperá con sesións de psicomotricidade diarias de 45 minutos nos tres niveis de Educación Infantil e de 30 minutos en 1º e 2º nivel de Educación Primaria. O profesorado implicado inclúe ás titoras de Infantil e 1º e 2º de Primaria, a mestra especialista de Educación Musical e a mestra especialista de Educación Física, que é a coordinadora.

            Xustificación: O termo psicomotricidade fai referencia a dous tipos de estruturas que definen o ser humano, as estruturas motrices e as estruturas psíquicas, principais compoñentes do desenvolvemento humano e da formación da súa personalidade. Na idade infantil o desenvolvemento psicomotor abarcao todo, é dicir, o neno/a ten unha forma de aprender, de actuar, onde o motriz, o emocional e o cognitivo van totalmente unidos, sendo o xogo a actividade principal a través da cal se realizan os aprendizaxes básicos: “Toda aprendizaxe parte dun movemento” (GlenDoman).

            Para iso, os educadores, deben propoñer experiencias motrices axeitadas ás súas posibilidades, que faciliten o desenvolvemento neurolóxico.

            Partindo da premisa de que o neno é puro movemento e polo tanto o seu desenvolvemento xeral depende da cantidade de experiencias motrices vividas (o cerebro necesita estimulación dende as actividades físicas para desenvolverse), o que pretendemos coa práctica da psicomotricidade  é garantizar que o noso alumnado vivencie un mínimo de expreriencias motrices diarias. Moi afastados das metodoloxías que buscan ter ao alumnado sentado, absorvendo contidos en  idades temperás. Por considerar esto último antinatural.

            As sesións buscan o desenvolvemento e afianzamento de habilidades motrices perceptivas previas a calqueira aprendizaxe máis de córtex como poden ser a lectura e a escritura. En definitiva, una estimulación suficiente dos sentidos  que evite, na medida do posible, problemas de atención, concentración, etc.

            Ao longo das diferentes sesións, trabállanse desprazamentos como reptar, gatear, etc, equilibrios, estimulación vestibular, habilidade manual (facendo fincapé no uso da pinza), ritmo,  integración de reflexos primitivos e  coordinacións óculo-manual e óculo-podal.

             A práctica deste tipo de actividade física beneficia a todo o alumnado, tanto ao que leve un desenvolvemento acorde coa súa idade cronolóxica como ao alumnado que por diversas ciscunstancias sufra dalgún retraso, tendo a portunidade de estimular o seu sistema neurolóxico dende o movemento.

Distribuir contido


by Dr. Radut