O alumnado de 3º e 4º, mesturados, e de 5º e 6º (tamén mesturados) desenvolven a súa aprendizaxe atendendo á seguinte actuación pedagóxica, organizativa e didáctica:
Contextos de Aprendizaxe: En cada contexto trabállanse proxectos dunha área que, unido a outros temas diversos, interrelaciona coas distintas áreas de coñecemento e complementan o currículo dun xeito multidisciplinar. En cada contexto traballa un docente como mínimo.
O Contexto Humnanístico denomínase HUMANIDEIRO.
Dendeunhaperspectivaactualeatendendosemprearealidadesocialeculturalondeviveesedesenvolveoalumnado,este contexto vai ser vital para comprender o que nos rodea. Serán proxectos nos que tamén van intervir varias disciplinas e onde se tratarán fundamentalmente temas relacionados coas as ciencias sociais dende unha perspectiva determinada: entendendo o que sucede ou sucedeu ao noso redor, poderemos entender o que sucede ou sucedeu en contextos máis amplos e descoñecidos.
No contexto humanístico existen catro ou cinto espazos ben diferenciados que permiten o desenvovemento competencial do alumnado;
Espazo aumentado: pensado para que o alumnado aumente imaxes (a modo bits de intelixencias) relacionadas cos contidos propios das ciencias sociais. Ao aumentar esas imaxes escanándoas, teremos a oportunidade de acceder a información creada polo alumnado en multitude de formatos: audio, imaxe, vídeo, texto, gráfica…
Espazo Documental: neste recanto o alumnado busca, selecciona, organiza información sobre diferentes temas (en soporte escrito ou dixital) coa finalidade de producir algo.
Espazo Xeográfico: neste recanto o alumnado utiliza planos, mapas, planisferios, globos terráqueos, etc.,para localizar e situar diferentes elementos:formas do relevo, ríos, países, lugares de interese...
Espazo Audiovisual: neste recanto o alumnado emprega diferentes medios audiovisuais para publicar e transmitir os coñecementos adquiridos. Os medios e recursos empregados son: tablets, ordenadores, aplicacións dixitais e programas informáticos de texto, imaxe, audio e vídeo.
Espazo Artístico: neste recanto o alumando elabora diferentes creacións plásticas sobre os temas traballados.
No 6º proxecto do Contexto Humanístico, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria estivo traballando diferentes aspectos sobre a poboación.
Estes foron algúns dos traballos que realizaron:
GRÁFICOS DE POBOACIÓN
Consultando diversas fontes de información elaboraron e interpretaron diferentes gráficos de poboación coma estes:
GALICIA, TERRA DE EMIGRANTES E INMIGRANTES
Realizaron diferentes entrevistas a persoas que tiveron que marchar de Galicia a outros lugares (emigrantes), así como persoas que viñeron de outros lugares a vivir a Galicia (inmigrantes).
A todas elas, graciñas por compartir a súa experiencia.
No 4º proxecto do contexto Humanístico, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º estivo traballando sobre o tempo atmósferico e o clima.
Estes foron algúns dos traballos que realizaron:
No recanto audivisual, realizaron diferentes predicións do tempo como auténticos meteorólogos e meteorólogas:
No recanto experimental, tiveron que facer un termómetro ambiental. No seguinte vídeo explican como o fixeron e que ocorre cando sobe e baixa a temperatura:
Tamén identificaron diferentes tipos de nubes segundo as súas características e a súa forma:
No recanto xeográfico, situaron os diferentes climas de España e buscaron información sobre as súas características. No seguinte mapa interactivo poderás repasar cales son: