Algunhas actividades en inglés para que fagades na casa cos viñananos:
Pictionary: un debuxa un animal nun folio, o resto teñen que acertar. Poden xogar irmans ou pais. O que acerta debuxa na seguinte ronda.
Super Simple Songs: Nesta canle de youtube teñen moitas cancións que hipnotizan aos nenos.
Touch it: Dicirlle aos nenos que toquen algo de determinada cor, ou algún obxecto da casa.
Actions: Neste PDF podedes atopar verbos de movementos. Podedes decirlle aos nenos que fagan unha, logo outra... Se lles decides “sit down, stand up, sit down...” por algunha razón podedes botar así un ou dous minutos sen que se aburran. Outra variante e dicirlles “You can.../You can’t...” (ti podes/non podes) para que teñan que pensar antes se o poden facer ou non.
You are a... : Dicirlle aos nenos que teñen que actuar como un animal, logo como outro, etc.
In/on/under: Dicirlles stand up/sit down/lay down (ponte de pe/séntate/déitate) on/in/under (encima/dentro/debaixo) do sofá (the sofa), de cadeiras ( the chair), da cama (the bed) ou dunha caixa (the box).
How are you?: Dicirlle aos nenos que poñan cara de diferentes estados de ánimo: happy (contento), sad (triste), angry (enfadado), tired (canso), sleepy (somnoliento), hot (con calor), cold (con frío), hungry (esfameado), thirsty (con sede), scared (asustado), crazy (tolo).
The animal is...: Preguntarlles de qué cor é algún animal e que digan, por exemplo “The tiger IS orange and black”.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Actions.ppt | 1.11 MB |