Skip to Content

ESCOLA DE FAMILIAS O XOVES 15 DE NOVMEBRO

Temos o pracer de convidarvos á primeira sesión da I ESCOLA DE FAMILIAS do CEIP de Viñagrande Deiro.

Nesta primeira xornada contamos con Sonica Carbón que nos falará da importancia dunha alimentación saudable dende unha perspectiva diferente e impactante.

Estamos moi ilusionados con esta nova proposta que parte do centro e conta coa inestimable colaboración da ANPA CEIP de Viñagrande Deiro e do Centro de Formación e Recursos de Pontevedra.

Esperamos contar coa vosa presenza.



page | by Dr. Radut