Skip to Content

VISITA O CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO EN 360º E COÑECE O SEU PROXECTO EDUCATIVO

           Dende o curso 2014-2015 o CEIP de Viñagrande Deiro iniciou un proceso de transformación na busca dun modelo de centro educativo que sexa quen de dar resposta ás actuais demandas da sociedade e ás características das xeracións máismozas.

            Pensamos que as sociedades evolucionan rapidamente mentres que os centros educativos se mostran moi remisos a acompañar de preto esta evolución. Semellan estar ancorados no século XX no referido ás súas estruturas organizativas, didácticas e metodolóxicas sen atender a moitos factores que interveñen directamente nos procesos de ensino e aprendizaxe do alumnado.

            Consideramos prioritario poñer a funcionar un modelo cun sistema pedagóxico con determinadas actuacións didácticas nas nosas aulas que ofrezan a posibilidade de mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe e os seus resultados.

            Sabedores das complexidades e dificultades que nos esperan (todos os cambios supoñen medos que temos que saber xestionar dun modo axeitado), estamos decididos a continuar coa maior vontade e ilusión desenvolvendo un proxecto que, supoñendo unha gran modificación das estruturas habituais dos centros educativos, está dirixido a toda a comunidade escolar considerando ao alumno/a como eixo principal.

            Este cambio iniciouse, como deciamos, o pasado curso coa incorporación desas estruturas que definen unha nova maneira de entender e desenvolver os procesos de ensino e aprendizaxe.

            Son cinco os piares que sustentaron este cambio iniciado no mes de setembro do pasado ano 2016:

  1. Nova organización espazo temporal.
  2. Modificación metodolóxica.
  3. Novos roles docentes e discentes.
  4. Avazar coa sociedade.
  5. Mellorar e aumentar a participación da comunidade educativa

Na seguinte presentación poderedes acceder a unha visita virtual ao noso centro e ver, a través de breves vídeos, como se traballa no interior das aulas. Supón un exercicio de inmersión no interior do noso centro que vos axudará a comprender as liñas centrais do proxecto educativo do noso centro. 

Se precisades máis información sobre as características metodolóxicas, a organización e o funcionamento do centro podedes chuzar no arquivo que se xunta na parte inferior.

AdxuntoTamaño
Características metodolóxicas no CEIP de Viñagrande Deiro.pdf296.3 KB


page | by Dr. Radut