Skip to Content

APERTURA DA BIBLIOTECA

       Co inicio deste mes de outubro Chaveta dounos a benvida, un curso máis, á biblioteca do centro. Foron unhas semanas de actividade moi intensa para comezar un curso que vai vir cargado de novidades, algunhas das cales xa as puidemos coñecer.

       Así, nas pasadas semanas tivemos unha xornada de portas abertas para as familias, na que puideron ver como quedou a biblioteca despois da reforma levada a cabo o curso pasado.

 

       Tamén tiveron lugar as dúas primeiras xuntanzas con familias pola tarde. A primeira foi sobre as posibilidades educativas do método ABN e a segunda unha tertulia literaria sobre O Principiño.

       Ademais, tivemos a primeira xuntanza co alumnado que forma parte da Comisión de Mellora da Biblitoeca, unha das comisión cosntituídas este curso e que teñen como finalidade facilitar a participación do alumnado no centro. Nesta primeira xuntanza, recollemos as propostas que os representantes traian de cada unha das súas aulas, ordenamos entre todos a biblioteca e repartimos as mochilas viaxeiras, que xa comezaron a súa andaina.

       E, finalmente, que mellor maneira de comezar o curso na biblioteca que participando dun contacontos. Os nenos de Educación Infantil gozaron coas historias de O gato Lambón, contado por Javi e os nenos do 1º ciclo con Carabuñas, contado por Vanesa.

       Inda nos queda unha nova máis. O Informadeiro xa está a pleno rendemento, posto que o alumando de 3º a 6º xa está traballando nel durante toda a mañá dos martes e dos xoves.



page | by Dr. Radut