Skip to Content

CONVOCATORIA FALADOIROS PARA A VECIÑANZA

 

Convidamos a todo o alumnado, pais e nais, exalumnos, familiares e veciños de San Miguel de Deiro a participar no I FALADOIRO LITERARIO que terá lugar no CEIP de Viñagrande Deiro o vindeiro 23 de outubro de 16:00 a 18:00 horas na biblioteca do centro.

Para participar só deberedes traer interese, motivación, vontade e ánimo para compartir impresións sobre a lectura dos dous primeiros capítulos de O PRINCIPIÑO de Antoine de Saint-Exupèry. 


Non é preciso que traiades o libro xa que faremos unha lectura conxunta entre todos e logo dialogaremos con liberdade sobre as impresións, opinións e interpretacións que desta lectura poidamos obter entre todos. O enriquecemento mutuo está asegurado.

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!



page | by Dr. Radut