Skip to Content

NOVIDADES PARA ESTE CURSO 2017 - 2018

Estimadas familias.

Como xa sabedes, levamos uns anos apostando por un novo modelo de centro educativo que sexa quen de dar respostas ás actuais demandas que a sociedade fai ás institucións escolares.

Son 5 os piares que sustentan o modelo pedagóxico polo que estamos apostando:

 

  • Nova organización espacio temporal
  • Modificación metodolóxica.
  • Asunción de un novo rol para o docente e para o alumnado.
  • Incorporar os avances e demandas da sociedade á escola.
  • Lograr unha maior implicación da comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias e institucións da contorna)

 

Foi o pasado curso cando deseñamos e puxemos en marcha actuacións que daban resposta aos catro primeiro piares e quedou pendente para este curso incorporar estratexias e iniciativas que melloraran a participción das familias e do alumnado da xestión e organización do noso centro.

 

Así, é para nós un obxectivo prioritario este curso poñer a andar unha serie de iniciativas que serán do voso agrado e configurarán un verdadeiro potencial para o futuro do noso centro e do pobo de San Miguel de Deiro.

Para saber máis, chuzar na seguinte imaxe.



page | by Dr. Radut