Skip to Content

UNHA VEZ MÁIS, FINALISTAS NA IV EDICIÓN DO CONCURSO PROYECTA INNOVACIÓN

      Un ano máis o Ceip DE Viñagrande Deiro volve participar no IV Concurso Proyecta Innovación e un ano máis volven seleccionarnos como finalistas.
Esta vez nun proxecto de colaboración conñ CEIP Santa Tegra no que a robótica, a impresión 3D, a realidade virtual e a realidade aumentada se poñen ao servizo do alumnado para compartir experiencias didácticas con alumnos en réxime de atención domiciliaria e hospitalaria.

Se queredes ver o proxecto presentado, poderedes acceder ao seguinte enlace e, cunhas gafas de Realidade Virtual, teredes a oportunidade de visitar un escenario no que se sitúan as nosas propostas.

https://www.thinglink.com/video/911338081548763138

 

 



page | by Dr. Radut