Skip to Content

A XANELA DE VIÑAGRANDE INTERACTIVA

A partires do 13 de marzo do 2017 o xornal escolar do CEIP de Viñagrande Deiro “A XANELA DE VIÑAGRANDE” actualiza o seu formato e os contidos da información a comunicar.

O alumnado embárcase nun novo proxecto de informar sobre noticias de actualidade cun formato que permite a interactividade grazas á posibilidade de inserir arquivos multimedia: fotos, audios, presentacións, videos...etc.

Ao longo das vindeiras catro semanas o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º participará na elaboración dunha nova versión da Xanela de Viñagrande onde toda a comunidade educativa poderá informarse sobre distintas noticias da actualidade pero contadas polos máis pequenos.

Atendendo á necesidade de que a actualidade entre nas aulas para o seu tratamento educativo, iniciamos esta nova andaina da Xanela de Viñagrande co obxectivo de acercandrnos á actualidade social, cultural, científica, literaria,     económica... aportando a visión dos máis pequenos.

Nesta nova versión, poderemos integrar diversidade de formatos xornalísticos: fotografía, televisión, radio... a través dun traballo sistemático con diferentes tipos de textos e xuntando todo nunha plataforma virtual: a revista interactiva.

A tipoloxía de textos coa que traballaremos permitirán elaoborar distintos tipos de programas xornalísticos:

-          Un informativo ou telexornal.

-          Un programa de radio

-          Un xornal interactivo.

Eses tipos de textos serán moi variados: noticias, descricións, textos publicitarios, pé de foto, informativos, de opinión e mixtos.

Textos informativos: Descrición, noticia e reportaxe

Textos de opinión: artículo, editorial e columna.

Textos mixtos: Crónica e crítica.

 

Non nos despedimos do vello formato, só o actulizamos para traballar coas novas da actualidade.

 

Ademais esta vez poderedes ver día a día como se vai desenvolvendo esta revista interactiva accedendo ao seguinte enlace ubicado na seguinte imaxe.

 



page | by Dr. Radut