Skip to Content

MÚSICOS NA CLASE

       Esta semana tivemos unhas clases de Viñagrandes moi especiais, xa que María e Carmen nos agasallaron cunha sesión de música en directo.

      Carmen ensinounos a frauta traveseira, tocounos varias pezas e falounos sobre este instrumento da familia de vento madeira. Ao final incluso tocamos unha unha peza todos xuntos, ela coa frauta traveseira e nós coas frautas doces.

 
       María ensinounos a guitarra e tamén nos tocou varias cancións, entre elas "My heart will go on" da banda sonora de Titanic e unha versión rock de "Jingle Bell", moi axeitada para estas datas e que nos animamos a acompañar contando.

       Todo un gustazo escoitarvos. Parabéns!!!



page | by Dr. Radut