CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Despois dun duro traballo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración do Equipo de Biblioteca presentan aos protagonistas da SEMANA DAS LETRAS GALEGA. O alumnado do CEIP de Viñagrande Deiro terá a oportunidade de vivir, en directo, a maxia do traballo que realizan as seguintes persoas de relevancia internacional que levan a Galiza e á lingua galega alí a onde van.