Skip to Content

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2017/2018

 LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2017 - 2018

Publícase a relación de alumnado admitido para o vindeiro curso no CEIP de Viñagrande Deiro.

 

 

 

 


 

 

 REGULAMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2017 - 2018

As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o anexo II a través da aplicación  «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opcióne en calquera dos rexistros establecidos utilizando o formulario normalizado.

 

 Chuzando na imaxe accederedes a información.

 Tamén poderedes acceder a través do seguinte visualizador de documentos.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Así mesmo, adiantámoslles que o vindeiro 2 de marzo ás 16:30 horas, convidamos a todas as familias interesadas en matricular aos seus fillos e fillas no noso centro a unha xornada de portas abertas na que teremos a oportunidade de coñecer a organización e funcionamento do colexio, as liñas fundamentais do seu Proxecto Educativo e os distintos espazos interiores e exteriores que posúe o centro.


Estaremos encantados de recibirvos e solventar aquelas dúbidas que puiderades ter.
AdxuntoTamaño
O NOSO CENTRO.pdf3.25 MB
ANEXO II.pdf1.01 MB
ANEXO A.pdf120.59 KB
REGULAMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2017.pdf372.6 KB


page | by Dr. Radut