CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

 

Aberto do 20 de maio ata o 19 de xuño

 

 

Prégase SOLICITAR CITA PREVIA para a tramitación das solicitudes a través do teléfono 886 151 901.

 

Para PRESENTAR UNHA SOLICITUDE deberá entrar na aplicación Fondolibros e seguir os pasos descritos no manual de usuario para os cidadáns:

 1. Acceder a fondolibros con usuario de Chave 365, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita .

 

2. Unha vez identificado o usuario accederá á pantalla para a creación de novas solicitudes a través da opción de menú “Cidadán”. Nesta pantalla mostrarase tamén a lista das súas solicitudes de existir e o botón para “crear unha nova solicitude.

  

3. Unha vez cuberto o formulario da solicitude poderá optar por:

  • Imprimir o formulario e achegalo ao centro (presentación en papel no centro).
  • Unha vez cuberto o formulario e gardado correctamente co botón “Gardar”, premer  no botón “Presentación en papel no centro >aceptar” e achegalo ao centro.
  • Se dispón de chave 365 ou certificado dixital, presentalo na Sede Electrónica a través da aplicación (presentación telemática).

 

Nembargantes para quen o queira cubrir a man pode descárgalo  (Anexo I e Anexo II) e cubrilo de xeito manual.

 

 CÁLCULO DA RENDA: como calcular a renda per cápita da unidade familiar.

 

 ACLARACIÓNS:

 - A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.

 - Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2020/21, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2019/20. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.

 - A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado.

 

DOCUMENTACIÓN para a presentación.

  

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

AdxuntoTamaño
DOCUMENTACIÓN.pdf9.63 KB
RENDA.jpg164.75 KB