Skip to Content

BIBLIOTECA PDI: "Toquiña arredor do mundo"

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2021

O día 24 de outrubro é o DÍA DAS BIBLIOTECAS, e no noso centro queremos moito á nosa biblioteca. Nela rimos, descubrimos, divertímonos, aprendemos, relaxámonos...unha morea de sensacións xeramos día a día na nosa biblioteca.

Por iso celebramos este día realizando unha gran hora de ler, no que compartimos lecturas e risas cos contos lidos, enchendo o centro de voces murmurantes e pequenas/os lectores, e logo puidemos desfrutar dun mago, grazas ao Concello, organizado para celebrar este día, na Aula da Natureza.

Mago Pedro Bugarín na Aula da Natureza de Toques

Hora de Ler na biblioteca

 

ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN - EXTRAESCOLAR NA BIBLIOTECA DO COLE

Este mes damos comezo ás extraescolares, e no centro organizamos esta actividade para o alumnado de 1º, 2º e 3º e tamén 4º, 5º e 6º.

Nesta ocasión vemos como o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria comeza a dar os seus primeiros pasos no mundo da robótica e a programación comezando por actividades sinxelas coas que traballar a súa visión espacial, lateralidade e pensamento abstracto, dado que temos que introducir paso a paso o que queremos que faga o noso robot DOC. Traballaremos durante o primeiro trimestre de curso con este tipo de actividades, sacando o maior proveito posible ao noso robot!

 

O alumnado de 4º, 5º e 6º está a traballar do mesmo xeito estes aspectos tan importantes para comezar a traballar a programación co programa web LIGHTBOT, empregando os seus portátiles. Avanzan rápido, pronto poderemos comezar co noso proxecto de DIGICRAFT!

 

TOQUIÑA ENVÍANOS UNHA POSTAL!

Hoxe chegamos ao centro con unhas postais enviadas por Toquiña, que por fín nos deu unha pista do primeiro país ao que viaxou na súa aventura este curso escolar.

Onde pensades que está?

HORA DE LER

Un ano máis no centro realizamos dentro do período lectivo a HORA DE LER, 20 minutos destinados todos os días a desfrutar deste gran hábito. Este curso podemos de novo realizalo na biblioteca, así como realizar actividades que botávamos moito de menos como as LECTURAS COMPARTIDAS, nas que os máis veteranos/as do centro comparten contos cos máis cativos/as. Eso sí, mantendo as medidas de precaución e distancia precisas para tal fín.

ONDE VAI TOQUIÑA?

Este curso temos en marcha un proxecto que nós fai especial ilusión. Tratase dun Proxecto Documental Integrado (PDI) que lanzamos dende biblioteca e no que todo o profesorado do centro e alumnado participará ao longo do curso 2021-2022. Cada mes Toquiña, a mascota da biblioteca, estará nun país diferente, sobre o que o alumnado investigará, para coñecer máis sobre a cultura, deporte, comida, valores, tradicións, animais, plantas... de cada un dos lugares aos que Toquiña nos invitará a coñecer.

Traballaremos transversalmente temáticas do país do mes en cada unha das materias que cursa o alumnado, dende os máis cativos de Infantil, aos mais veteranos/as do centro, os de 6º de primaria. Cada un/unha, dentro das súas capacidades e competencias, desfrutará das viaxes de Toquiña como se nós tamén estiveramos viaxando con ela.

Non vos perdades esta viaxe durante o curso 2021-2022. Benvidas/os!!!

 

OBRADOIROS E VISITAS DAS FAMILIAS - SEMANA DA PRENSA. VANESA, XORNALISTA

E a sorpresa era esta! Unha das mamas do noso centro é xornalista, e non podiamos deixar pasar esta oportunidade sen invitala ao centro a que nos viñera contar todo sobre o mundo do xornalismo.

Tiñamos moitas ganas de que viñera xa que o alumnado tiña unha morea de preguntas que facerlle, e a súa visita foi increíble.

As nosas pequenas e pequenos de infantil puideron descubrir as ferramentas que empregan os xornalistas para traballar e investigamos e buscamos pistas de noticias para continuar coa nosa labor de xornalistas.

O alumnado de primaria estivo a escoitar e a xogar con todas as historias e anecdotas que Vanesa nos quixo contar, descubrindo como era o traballo antigamente dun xornal (coas máquinas de escribir e coas ferramentas máis tradicionais) e como evolucionou ata o día de hoxe coas ferramentas tecnolóxicas actuais.

E como bos xornalistas non pararon de preguntarlle moreas de preguntas sobre a universidade, os seus artigos, as súas experiencias no traballo.

Moitísimas grazas Vanesa por vir ao noso centro e facernos pasar unha xornada tan boa, na que aprendemos e o pasamos ben a partes iguais.