Skip to Content

BIBLIOTECA PDI: "Toquiña arredor do mundo"

REVISTA PANTERA, NA BIBLIOTECA ESCOLAR

8 DE MARZO - DÍA DA MULLER

ENTREVISTA A XOSÉ MARÍA SANTÍN AMO - AUTOR DO LIBRO OXÍMORO

Este luns tivemos a sorte de que acudira ao centro Xosé María Santín, neurocirurxian e autor do libro OXÍMORO, veciño de Melide e membro da nosa comunidade educativa.

Un dos produtos finais que estamos a elaborar no proxecto de centro este curso escolar é un libro sobre as problemáticas nos océanos, relacionados cos plásticos, polo que a visita de Santín foi perfecta para aprender como é o proceso creativo, os pasos para escribir un libro e as motivacións que nos levan a facelo cando non somos escritores/as de profesión.

Aprendemos moito da súa experiencia, de como xestionar o noso tempo, do proceso creativo e sobre a importancia da mente e da saúde para acadar calquera obxectivo que nos propoñamos.

Para nós é un orgullo que as familias acudades ao centro a compartir os vosos coñecementos, experiencias e historias, e para as nosas pequenas e pequenos é algo maravilloso poder escoitarvos. Moitisimas grazas Santín por pasar esta xornada con nós.

再见 - Adeus China

Festexamos o ano novo Chino, que este ano coincidiu o 1 de febreiro, e será o ano do Tigre. Decimos adeus ao noso mural de China, decoración que estivo ambientando o corredor principal do centro durante o tempo que estivo Toquiña a visitar este país, e do que aprendemos morea de curiosidades. Quedanos moito por aprender desta cultura tan antiga e con tantas tradicións, pero debemos continuar a nosa viaxe...A onde nos levará Toquiña desta volta?

Menú do comedor escolar último día

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS DE REFUGALLO

O que nos gusta facer talleres e obradoiros neste colexio verdade?

Pois este venres tivemos de novo no centro ao equipo de MATRÁCALA, que fixeran con nós un obradoiro de papel reciclado. Desta volta temos algo máis sonoro, un obradoiro de instrumentos de refugallo.

Que é imposible que a nosa basura se convirta no mellor dos instrumentos músicais? Agora xa sabemos que non, que a imaxinación é o límite para reutilizar e reducir a cantidade de residuos que xeramos día a día.

Todo o alumnado do centro puido participar desta actividade en distintas quendas. Aquí vemos unha foto do grupo de educación infantil, 1º e 2º de primaria.

OBRADOIRO DE PAPEL RECICLADO

Este luns realizamos na biblioteca do centro un obradoiro de PAPEL RECICLADO, actividade enmarcada no Plan Proxecta RECICLATE CON SOGAMA e nos Contrato-Programa EDUSOSTIBILIDADE.

Continuamos a mostar as nosas pequenas e pequenos outros xeitos de tratamento dos residuos, que, unha vez xerados, poden ser aproveitados para múltiples obxectivos.

Non vos perdades o video desta actividade realizada pola empresa de actividades lúdicas MATRÁCALA. Foi xenial!

XA CHEGOU O SAMAÍN!

Alguén se preguntou que andabamos facendo a semana pasada no cole para festexar o Samaín? Aquí tedes un video onde podedes ver un anaquiño do ben que o pasamos a semana pasada!

TOQUIÑA SEGUE DE VIAXE!

TOQUIÑA SEGUE DE VIAXE!

Distribuir contido