SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2018-2019

 

O prazo para a presentación de solicitudes será do 7 ao 25 de xuño, ámbolos dous inclusive en horario de secretaría do centro. A contía a pagar por este servizo, ou a súa gratuidade, determinarase posteriormente en función dos datos que aportedes no  impreso de autodeclaración que tedes que presentar na secretaría do centro debidamente cuberto, antes do 11 de setembro de 2018, unha vez que se aprobe a lista de admitidos.

 

O prazo de entrega da solicitude e documentación acreditativa remata o luns 25 de xuño. O Consello Escolar do centro publicará, no taboleiro de anuncios e na web, unha lista provisional de admitidos para o servizo de comedor antes do 1 de xullo entre as solicitudes recibidas.

 

Así mesmo aquelas persoas que desexen colaborar como persoal coidador do alumnado que utiliza o servizo de comedor poden presentar a súa solicitude ata o 25 de xuño.

 

SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR. 

 

A selección e admisión de usuarios do servizo de comedor, cando existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, correspóndelle ao consello escolar do centro. No taboleiro de anuncios e na web do centro exporase a listaxe provisoria de admitidos e de suplentes, respectando estritamente a seguinte orde de preferencia:

 

-Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.

 

- Alumnado usuario de transporte escolar.

 

-Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe da asistenta social do concello que corresponda.

 

-Alumnado membro de familias numerosas.

 

-Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía.

 

-Outro alumnado do centro.

Impreso para a solicitude de comedor escolar.

Impreso de autodeclaración e Instrucións para cumprimentar o impreso de autodeclaración.

Solicitude para colaborar no comedor escolar.

Calculadora para autodeclaración.

 

AdxuntoTamaño
SOLICITUDE COLABORADOR NAIS DE COMEDOR 18-19.pdf23.08 KB
Solicitude alumnos usuarios comedor 2018.pdf129.5 KB