AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO

 

No DOG do 21 de maio de 2018 publícase a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/2019.

 

No curso 2018/2019 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado na educación primaria.

 

Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da entrada do  colexio, na web do centro e no portal da Consellería: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as os/as fillos/as que estean escolarizados no centro. O prazo para a presentación das solicitudes remata o 22 de xuño de 2018, inclusive.

 

No caso das axudas para a adquisición de libros de texto, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes para Educación Primaria:

 

-Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros

 

-Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros

 

Para os efectos de renda terase en conta o exercicio fiscal do ano 2016 e para as circunstancias familiares a alegar serán a composición familiar a 31 de decembro de 2016.

 

No caso das axudas para a compra de material escolar destinado a alumnado matriculado en educación primaria, o umbral é a renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.

 

Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar, ter devolto os libros, ben utilizados do mesmo fondo o ano pasado, ben adquiridos con cargo á convocatoria de axudas para a compra de libros de texto.

 

A asignación de libros de texto correspondente aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.  De non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios.

Orde da convocatoria.

 Solicitude. Anexos I e II

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
solicitude_anexos_i_e_ii(1).pdf2.02 MB