Educación para o consumo e a saúde

EDUCACIÓN PARA O CONSUMO E A SAÚDE

Como actividade principal en relación con este tema celebramos as  "XORNADAS SOBRE CONSUMO E SAÚDE" co lema " aprendendo a ser un bo consumidor":

Destacamos o grado de conexión interciclos na actividade levada a cabo na quincena do consumo "os detectives da dieta", na que participaron todos os ciclos na mesma actividade, que iba aumentando no seu volume e complexidade de coñecementos, adaptándose ós niveis madurativos e as capacidades dos alumnos/as.

Propiciou unha aprendizaxe significativa coa que os nenos e nenas tomaron conciencia da importancia de determinados alimentos na súa propia dieta, reflexado nas merendas que posteriormente trouxeron ó recreo.

Os alumnos e alumnas elaboraron as súas propias estratexias e tomaron conciencia de ser protagonistas do seu propio proceso de aprendizaxe. As conclusións desta actividade recolléronse nun gráfico que foi exposto no colexio para que todos poideran observar e reflexionar acerca dos resultados.

OBXECTIVOS:

O consumo é un dos hábitos de maior importancia na nosa sociedade polo tanto é preciso poñer á disposición dos alumnos e alumnas instrumentos de análise e crítica que lles permitan adoptar unha actitude persoal fronte as ofertas de todo tipo que lles propón a sociedade de consumo.

Partindo dunha análise do contexto no que nos atopamos, consideramos oportuno enfocar este tema transversal en relación cos hábitos alimentarios e a saúde.

Decidimos tomar este tema como eixo globalizador das actividades para preparar ós nenos e as nenas no coñecemento do seu corpo e do que deben facer para coidalo (alimentación, hixiene, deporte…), tendo tamén en conta o coidado do medio á hora de utilizar os recursos.

  Así, máis concretamente, traballamos para:

  • Coñecer e apreciar o propio corpo e contribuir ó seu desenvolvemento, adoptando hábitos de saúde e benestar e valorando as repercusións de determinadas conductas sobre a saúde e a calidade de vida.

  • Fomentar unha actitude crítica frente a temas relacionados co consumo.

  • Concienciar ós nenos e nenas sobre a diferencia entre aquilo que realmente necesitan e o que é prescindible.

  • Reutilizar, aproveitar e reciclar todos aqueles materiais que ofrezan esa posibilidade.

  • Capacitar ós nenos e nenas para rechazar certas prácticas alimentarias.

  • Propiciar un coñecemento do propio corpo, tanto externo, concretado no esquema corporal, como interno, para aproximarse ó modelo de funcionamento do mesmo.

ACTUACIÓNS:

Entre outras actividades realizamos as seguintes:

As xornadas do consumo

  • "Os detectives da dieta"

Os alumnos/as de educación infantil e primeiro ciclo escribiron os alimentos que tomaron o longo dunha semana. Os do primeiro ciclo ademáis, engadíronlle os ingredientes de cada comida. Os do segundo ciclo determinaron as calorias e especificaron os nutrientes de cada alimento. Os do terceiro ciclo, utilizando estas fichas, fixeron unha representación gráfica dos datos e analizaron os resultados establecendo unhas conclusións.

  • Ciclo de conferencias sobre a elaboración de distintas receitas: a pizza, o requeixo, o bizcoito de chocolate... a cargo dun grupo de alumnos e alumnas 
  • Conferencia sobre alimentación e nutrición a cargo do pediatra Ignacio Porrit e posterior entrevista realizada por un grupo de alumnos e alumnas.
  • Proxecto de recuperación de xogos  tradicionais, valorando os xogos colectivos frente ós individuais e máis consumistas.

IV Xornadas Culturais :

Dentro destas xornadas realizáronse diversas actividades relacionadas co consumo como:

  • Demostración de diferentes oficios artesáns: cesteiros, telleiros e palilleiras.
  • Mural como exposición ó público das fotos máis representativas dos xogos nas IV Xornadas Culturais baixo o lema "xoga, non pelexes"
  • Realización da coreografía "come con todos" a cargo do alumnado de E. Infantil.
  • Dramatización sobre o proceso de elaboración do pan "A galiña Paulina"

Revista escolar"Axexo":

No mes de maio publicouse a cuarta edición da nosa revista escolar e nela aparecen reflexadas moitas das actividades que se realizaron sobre o tema do consumo e a saúde.

Talleres:

  • SÚPER

    • Etiquetado de productos.
    • Elaboración de carteis para as distintas seccións.
    • Clasificación de productos segundo a sección á que pertenecen, utilizando folletos reais de publicidade.
    • Invención de receitas calculando o seu prezo según a lista dos ingredientes.
    • Elaboración de billetes imitando ós de curso legal para efectuar actividades de compra-venta.
    • Resolución de problemas en situacións reais propias dun súper. Etiquetado do prezo dos productos en pesetas e euros.
    • Comparación a través dun texto das diferencias entre unha tenda de comestibles tradicional e un supermercado actual.
  • COCIÑA

    • Elaboración dun pequeno libro onde se recollen hábitos hixiénicos na alimentación.
    • Recopilación de receitas tradicionais que se levaron a cabo (castañas cocidas, filloas, pan de noces ...).
    • Elaboración dunha "receita festiva" a base de ovos cocidos, que teñidos e decorados semellaban unha rá.
  • ETIQUETADO

    • Clasificación de etiquetas reais en dous grupos: Alimentarias e textís.
    •  Observación e estudio dos distintos apartados das etiquetas alimentarias: nome, cantidade, modo de emprego, ingredientes e aditivos, conservación, lote de fabricación e empresa, data de caducidade.
    • Buscar os distintos apartados nunha etiqueta real.
    • Elaboración creativa de etiquetas para productos inventados por eles ca condición de que tiveran tódolos elementos informativos que debe ter unha etiqueta.
    • Recoñecemento dos distintos aditivos (edulcorantes, conservantes, colorantes...), identificación e diferenciación entre perxudiciais para a saúde e inocuos.
    • Análise de etiquetas textiles e de calzado: símbolos das etiquetas da roupa para o seu coidado, prezo, marcas, rebaixas, tipos de tecidos e composición (algodón, poliéster...)
  • PUBLICIDADE

    • Manipulación de revistas e xornais: Lectura, recortado, análise e clasificación de anuncios publicitarios ...
    • Lectura e dramatización e invención de anuncios.
    • Diferenciación da marca, logotipo e eslogan e creación de anuncios con estos elementos.
    • Creación de anuncios de productos imaxinarios e realización de historietas.
    • Realización de carteis para unha campaña publicitaria.

 Conmemoracións:

  • No Magosto coa intención de dar uniformidade ó grupo na saída ó monte Aloia para celebralo, se lles propuso ós nenos a realización plástica dunha castaña-medallón con distintas técnicas e materiais, nas que deberían escribir un eslogan, rima ou similar defendendo e propician
  • No Nadal coas actividades realizadas pretendemos mostrarlles ós nenos e nenas a posibilidade de conxugar os materiais que xa temos cunha finalidade creativa, fomentar unha actitude crítica frente o consumo indiscriminado do Nadal e reutilizar e aproveitar todos aqueles obxectos que poidan ser axeitados.

    • Os nenos e nenas realizaron adornos para a nosa árbore con materiais de desfeito; paquetiños de regalo con pequenas caixiñas, papel de regalo e lazo de calquera material; bolas de cartón con aros do cartón do papel hixiénico, pintados ou forrados; campás con vasos de yogur...
    • Construíuse un belén con figuriñas de xoguete dos propios nenos e nenas.
  • No Día da Paz

    • Leváronse a cabo distintas actividades coa finalidade de fomentar nos nenos e nenas a idea de consumo solidario e responsable e tamén a de aprender a valorar os bens naturais como a auga, as plantas ... etc, e o seu aproveitamento, frente a carencia deles.
    • Despois de facer un estudio basado no artículo "Tres nenos, tres mundos" realizáronse debates nas aulas sobre as diferencias que existen nas distintas partes do mundo en todos os niveis: educación, alimentación, vivenda, atención sanitaria, traballo ... etc
    • A nivel plástico construiron unha pomba-man na que escribiron un propósito que contribuiría a rematar ou reducir as diferencias no mundo.
    • Posteriormente, nun acto celebrado por todos os alumnos e alumnas do centro, léronse os desexos máis significativos e penduráronse todos da árbore...

Saídas:

  • Visita a unha panadería da zona para observar e experimentar o proceso de elaboración do pan.
  • Visita a un muíño da zona para observar a transformación tradicional do gran en fariña.
  • Visita ás instalacións da central leiteira Clesa.
  • Elaboración de pizzas na pizzería Pizzamóvil.

Outras actividades:

  • Proxección e estudio de diapositivas sobre alimentación e consumo.
  • Elaboración de rimas, slogans, refráns e receitas do Magosto.
  • Construcción plástica da roda dos alimentos con recortes de folletos de supermercado.
  • Libro dos alimentos, "Alimentámonos", atendendo a diferentes clasificacións: conservación, proceso de elaboración...
  • Exposición dos froitos de Outono.(realizada polos nenos e nenas de infantil coa colaboración do 1º ciclo.
  • Semana da froita. Os alumnos e alumnas de infantil durante unha semana comeron froita no recreo.
  • Creación de textos literarios (conto, poesía...) en torno ó tema da alimentación.
  • Realización de traballos relacionados coa recollida selectiva do lixo e aproveitamento dos recursos: murais, caderniños da Xunta, separación do lixo nas aulas (pilas, papel, cartón)
  • Visionado da película "O dentiño Vicentino" sobre o coidado dos dentes.

Powered by Drupal - Design by artinet