Educación para a igualdade entre sexos

EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE ENTRE SEXOS

Dentro da educación en valores e da inclusión dos temas transversais no currículo entendemos que a escola debe traballar a prol da coeducación ofrecendo ós nenos e ás nenas igualdade de oportunidades para abordar o coñecemento e integralo na súa propia experiencia xa que o acceso á educación e á cultura son unha das bases sobre as que se asenta a igualdade entre os sexos.

Coherentemente co principio metodolóxico da globalización organizamos os contidos e as actividades tomando como eixo central aqueles bloques temáticos do currículo que inciden de xeito máis directo na educación para a igualdade e a non discriminación. Así, nos distintos ciclos desenvolvemos proxectos centrados no coñecemento do propio corpo (educación sexual), nos distintos oficios, na situación da muller a través do tempo e no ámbito do nosos centro, na igualdade no reparto e na realización das distintas tarefas. Todos estes proxectos chegado o momento conformaron outro global do Centro: "Camiñando cara á igualdade"

OBXECTIVOS:

Pretendemos acadar os seguintes obxectivos xerais:

  • Integrar e contextualizar, na medida do posible, en todas as áreas do currículo os temas transversais como soporte teórico da ensinanza dos valores fundamentais.

  • Intervir reflexivamente procurando correxir o trato discriminatorio tanto na interacción entre o alumnado e o profesorado como no que se refire á asunción de roles, á distribución espacial, linguaxe utilizada, ilustraccións...

E máis concretamente os seguintes referidos ás tres liñas de acción básicas:

  • ENSINAR A SER PERSOA ·

    • Ensinar ós nenos e ás nenas a valorar a riqueza que supón a diversidade da especie humana.

    • Potenciar o descubremento, a aceptación e a valoración dun mesmo e dos demais como suxeitos individuais e únicos con independencia do sexo.

    •  Deseñar estratexias educativas e actividades tendentes a facilitar a integración de todos os alumnos e alumnas.

  • ENSINAR A CONVIVIR

    • Concienciarse da importancia da participación activa de todos os membros, sen discriminación de sexo, en todas as tarefas que sexa preciso realizar tanto na vida escolar como familiar.

    • Establecer relacións equilibradas e constructivas coas persoas coas que interactúa en situacións sociais coñecidas, comportándose de maneira solidaria e rexeitando discriminacións baseadas en diferencias de sexo.

  • ENSINAR A PENSAR

    • Intentar que os alumnos e as alumnas desenvolvan o máis posible as potencialidades da língua desenvolvendo a capacidade de saber escoitar, comprender o discurso alleo e argumentar as propias ideas rexeitando as expresións que comporten calquera tipo de discriminación en razón de sexo.

    • Potenciar a toma de conciencia por parte do alumnado da súa pertenza a unha familia e entorno social cos seus dereitos e responsabilidades.

ACTUACIÓNS:

Adoptamos ó longo do curso distintas accións encamiñadas a fomentar a igualdade entre os sexos:

  • Traballamos os oficios dende as tarefas domésticas ata os de responsabilidade na sociedade, sen atribuírlle connotacións de sexo. Realizamos de forma explícita e igualitaria o estudio do corpo humano e fomentamos o respecto polo proipio e polo dos demáis incluindo actividades de educación sexual.

  • Intentamos evitar posturas, comentarios e usos da línguaxe con connotacións sexistas.

  • Aproveitamos os exemplos, comentarios ou circunstancias que xorden no día a día para introducir contidos favorecedores da educación na igualdade. Revisamos os materiais didácticos que utilizamos intentando que nas situacións que amosan non reforcen unha idea limitada de cada sexo e se o fan reflexionamos sobre ela ofrecendo un enfoque docente diferente.

  •  Aplicamos plans de acción e actividades propicias para o establecemento dunhas relacións de aula que faciliten a autoestima e o autoconcepto tanto dos nenos coma das nenas.

  • Estimulamos ós nenos e ás nenas a tomar decisións sobre a participación nas distintas actividades (de aula, talleres, actuacións...), xogos e uso de xoguetes cuestionando os prexuízos e estereotipos sexistas.

  • Incluimos actividades con algún elemento tecnolóxico, costura, taller de cociña, de plástica e dramatización nos que participan os nenos e as nenas.Plantexamos así os contidos das experiencias de forma cercana non só á realidade dos nenos senon tamén á das nenas.

  • Fomentamos a formación de grupos mixtos para situacións de actividade compartida.

  • Incitamos ós nenos e ás nenas a compartir as tarefas da clase tales como a limpeza e coidado do material, facer recados, reparar xoguetes... Fomentamos os xogos cooperativos.

  • Procuramos que no haxa no patio de recreo nin no interior do Centro zonas que sexan "territorio" de un ou de outro sexo.

  • Programamos dentro dos talleres un adicado á cociña no que participen tanto as nenas coma os nenos.

  • As actividades que realizamos no entroido (comparsas, MECO, letanías, testamento...) están relacionadas cos oficios sen discriminación de xénero e evitando os estereotipos.

  • Ó redor do día 8 de marzo programamos o proxecto a nivel de Centro : "CAMIÑANDO CARA Á IGUALDADE". Neste proxecto que se plasma nun gran mural á entrada do Centro participan tódolos nenos e tódalas nenas da escola aportando aspectos traballados nos proxectos de aula.

  • A decoración do espacio no que se ubica o mural corre a cargo dos alumnos e alumnas de E.Infantil, empregando na mesma diversos materiais:papel, tela, plástico, rotuladores,ceras...do proxecto "A diversidade de materiais"
  • Rodeamos o mural coas pegadas dixitais de tódolos nenos,nenas, mestres e mestras do colexio partindo do proxecto traballado no 1º ciclo de primaria:"¡Somos únicos /as!"
  • No mural puxemos tamén datos sobre as conquistas da muller a través do tempo aportados polos rapaces e rapazas do terceiro e do segundo ciclo a partir do proxecto "As mulleres podemos ser...e os homes tamén"
  • A parte central estaba configurada por datos sobre a situación actual da muller e con fotografías de homes e mulleres realizando traballos distintos dos que tradicionalmente se asocian con cada un dos sexos.
  • Nun lugar destacado colocamos as gráficas cos resultados obtidos sobre a situación da muller no ámbito de influencia do centro, estudio aportado polos alumnos e alumnas do terceiro ciclo despois de traballar o proxecto  "A situación da muller no ámbito de influencia do Centro"
  • Noutro apartado incluímos fotografías sobre as actividades que realizamos no Centro a prol da igualdade entre os dous sexos:
  • De rapaces e rapaces realizando distintas tarefas nas que se observa a non discriminación: xogos deportivos,pintado de murais,tecendo e cosendo...
  • Dos disfraces dos oficios
  • Das ordes e mensaxes da MECA
  • Dos nenos e nenas participando no taller de cociña.
  • Do belén montado con figuras confeccionadas polas familias con diversos materiais e que representaban -distintos oficios,persoas con discapacidades, de distintos pobos...

Powered by Drupal - Design by artinet