Liña metodolóxica

LIÑA METODOLÓXICA

  • Metodoloxía constructiva: É o alumno/a quen, en último termo, modifica e reelabora os esquemas de coñecemento e realiza unha memorización comprensiva, construíndo a súa propia aprendizaxe. Neste proceso o profesor actuará como guía e mediador para facilita a construcción de aprendizaxes significativas que permitan establecer relacións entre os coñecementos e experiencias previas e os novos contidos.

  • Metodoloxía activa:

    • Integración activa dos alumnos e alumnas na dinámica xeral da  aula e na adquisición e configuración das aprendizaxes.

    • Participación no deseño e desenvolvemento do proceso de ensino/aprendizaxe.

  • Enfoque globalizador: Os diversos contidos recóllense en propostas de aprendizaxe enmarcadas nun determinado contexto, favorecendo así a súa asociación e a súa integración.

  • Flexibilidade nos agrupamentos: Segundo as actividades a realizar tanto dentro da propia aula como intergrupos ou interniveis.

  • Avaliación holística: Analiza todos os aspectos do proceso educativo e permite, así, a retroalimentación e achega informacións precisas que permiten reestructurar a  actividade no seu conxunto facilitando deste xeito a

  • Atención á diversidade: Planificando a actividade docente con recursos, estratexias e dinámicas de aula que permitan ofrecer respostas diferenciadas ás diversas capacidades, intereses e motivacións do alumnado. Deste xeito intentamos anticiparnos a elas, asumindo dende o principio os diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe.

Powered by Drupal - Design by artinet