Skip to Content

3º ciclo

ACTIVIDADES SEMANAIS 25-29 MAIO-5º CURSO

Bo dia

Deixo tres anexos. Un co traballo de todas as asignaturas en xeral, unha ficha de naturais e outra de lingua galega.
Tamén deixo un enlace a un video explicativo de sociais que espero que vos aclare un pouco as actividades.

 

Mar

Tarefas para a semana .6º (25/05/2020)

Ola rapaces!

Déixovos nos arquivos adxuntos unha serie de fichas de diferentes materias, podedes imprimilas ou facer as actividades na libreta, como vós prefirades.

Non esquezades visitar os blogs dos especialistas.

Tamén vos poño un enlace para Lingua Castelá, sobre os complementos do verbo. Antes de velo, lede a información que vos deixo sobre as actividades.

Lingua Castelá

SOLUCIÓN ÁS ACTIVIDADES 5º PRIMARIA 22 DE MAIO

Bo día nenos!!

No arquivo adxunto déixovos as solucións desta semana.

No blog da biblioteca queda colgada unha videomontaxe dos nenos de 3º sobre receitas de cociña que de seguro vos gustará. 

Aqueles que aínda non o fixestes, animádevos a participar no concurso de videocontos da biblioteca.

Recordade aos vosos pais que xa está aberto o prazo para solicitar o fondo de libros para o ano que vén. Todas aas instruccións tédelas na páxina principal.

Unha aperta

Mar

Solucionario ás actividades de 6º do 18 de maio

Ola rapaces!

Déixovos dous arquivos coas solucións ás actividades desta semana. Tratade de corrixilas e preguntádeme para a semana as dúbidas que teñades.

Unha aperta

Manolo (titor)

Actividades da semana do 18 de maio para 5º e 6º

Bo día rapaces,

Coma onte foi o Día das Letras Galegas e non nos imos quedar sen celebralo. A actividade desta semana vai ser un escape room sobre o autor deste ano, Ricardo Carvalho Calero.

Para os que non coñeces a este gran autor, prepareivos unha pequena reseña que vos vai servir de axuda para poder descubrir o misterio do xogo. Seredes capaces de completar a misión e conseguir a clave para completar esta aventura?

Para que vos sexa máis fácil seguir o xogo, anotade os números que vos aparecen ao completar a cada misión nun caderno para non esquecervos deles.

Aquí tendes o enlace da páxina por se o queredes abrir noutra pestaña

 

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020

Tamén prepareivos un xogo cunhas operacións matemáticas. Ao resultado final sacádelle unha captura de pantalla ou unha fotografía ao ordenador e enviádea a marinas@edu.xunta.gal

Aquí tendes o enlace para pode acceder:

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5764046-operaciones_con_n_nat_y_dec.html

Por último, se tendes calquer dúbida ou problema coas tarefas escríbideme ao correo de antes para así, poder axudarvos

Unha aperta,

Mariña

ACTIVIDADES PARA 5º CURSO, SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Ola rapaces!
Adxúntovos as novas actividades da semana. Tamén queda unha actividade interactiva que colga a profe de PROA pero que realmente é para todos. Non deixedes de facela porque é moi divertida (non é para enviar).
Tamén aproveito para decirvos que lle botedes unha ollada a unha actividade que hai na páxina principal que se chama CÓNTAME UN CONTO. É un concurso da Biblioteca no que haberá premios á volta.
Alí vos deixo as bases de participación e os prazos para a entrega. É unha actividade voluntaria pero que contará para subir a nota da terceira avaliación.
Mar

Tarefas para a semana. 6º (18/05/2020)

Ola rapaces!

Adxúntovos as novas actividades da semana e unha ficha de información de Sociais. Non é necesario que imprimades todas as que vos mando, unicamente é necesario imprimir as actividades de Matemáticas, as outras podedes velas na pantalla do ordenador e logo realizar as actividades na libreta.

Déixovos uns enlaces de Lingua Castelá e Lingua Galega. Antes de velos lede a información que vos deixo sobre as actividades.

Lingua Castelá

Lingua Galega

ACTIVIDADES PARA 5º CURSO, SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

 

Bo dia
Aquí vos deixo as solucións semanais. Tede en conta que moitas actividades
  (sopas de letras e encrucillados) xa tiñan a solución debaixo.

Mar

 
 

Solucionario ás actividades de 6º do 11 de maio

Ola rapaces!

No arquivo adxunto, déixovos as solucións das actividades desta semana. Tratade de corrixilas e fixádevos na ortografía.

Unha aperta

Xogos PROA para 5º

Boas rapaces!

Esta semana soamente imos facer uns xogos matemáticos para o alumando do 5º curso, no que poden participar tamén aqueles que non van ao PROA.

Para poder participar soamente tendes que clicar na dirección web que vos poño a continuación.

 https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5638828-test_matematico_decimales.html

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5578209-resolucion_de_problemas.html

 

Unha vez rematades, sacadeslle unha captura ou fotografía ao ordenador do resultado final e o mandades a: marinas@edu.xunta.gal

 Lembrade: se tendes calquer dúbida escribídeme.

Un saúdo Mariña

Distribuir contido


by Dr. Radut