Boas rapaces!
Xa case estamos na recta final final do curso, para esta semana vouvos propoñer un xogo.
Misión, rescatar a Hagrid
Este xogo está baseado nas aventuras do mundo máxico de Harry Potter.
A aventura comeza con esta mensaxe de Dumbledore:
Estimados alumnos de Tremoedo:
A maldade fíxose con Hogwarts... "O que non debe ser nomeado" conseguiu sobre pasar os muros e levou a Hagrid con el!
Preciso a túa axuda para rescatalo antes de que sexa demasiado tarde...
Moita sorte meus queridos magos.
Hogwarts xa non é un lugar seguro!
Para poder xogar tendes que ter a man o caderno, un lapis e unha goma de borrar.
As instrucións son moi sinxelas, podedes xogar tantas persoas como personaxes hai dispoñibles. (Todos os maiores de 8 anos poden xogar). Así que podedes xogar con amigos, familiares… Para comezar tendes que:
- Escoller unha personaxe das 3 que tendes dispoñibles (Hermione, Ron e Harry)
- Tirar o dado por quendas, comeza o máis novo do grupo e así ata o máis maior en idade.
- Unha vez obtido o teu número, pinchas na casilla que che corresponde. Aparecerache un desafío que tes que completar. Tes que anotar no teu caderno o resultado do exercicio. Non fai falta copiar enunciados, só e resposta e dicirme cal é a casilla na que caíches.
- Despois de solucionar o desafío pos a túa personaxe enriba desa casilla. Para non esquecer onde estabas.
- Unha vez que completaches o desafío, tócalle ao seguinte xogador. Ollo! Todos os xogadores/as teñen que completar os seus desafíos.
- Para chegar ao final tes que caer na casilla que pon Fin, se te pasas de números vas para atrás de volta (como no parchís) ata conseguir caer alí.
- Unha vez rematado o torneo, tendes que mandarme unha fotografía do voso caderno e as capturas dos desafíos online ao meu correo: marinas edu.xunta.gal
Aquí tendes o enlace para acceder ao xogo:
https://view.genial.ly/5edf73a4fa7f690d0c8834d1/interactive-content-taboleiro-maxico
Como sempre, se tendes calquer dúbida escríbideme.
Unha aperta,
Mariña