Recomendacións para o verán e despedida. 6º CURSO
Ola rapaces! Houbo algúns de vós que realizáchedes un importante traballo ao longo do curso, tanto na fase presencial como confinada e; agora, si que chega o tempo de vacacións e de descansar; por este motivo, xa non teredes que enviarme ningunha actividade esta semana. No arquivo adxunto, tan só vos puxen unhas "recomendacións" para o verán. Son unha serie de suxerencias para repasar e fortalecer contidos e competencias fundamentais; pero agora a decisión final, de facelas ou non, é vosa -ou de vosos pais- eu tan só recomendo.
Na páxina web do colexio insertouse o vídeo sobre o proxecto que realizáchedes sobre os "Medios de comunicación". Síntome orgulloso dese traballo que fixéchedes, pois estivo francamente ben.
Agora chegou o momento da despedida e sinto moito que sexa desta maneira...Quero que lembredes o que tantas veces vos dixen: "Soñade, pero fixádevos metas que sexan realistas e sempre poderedes conseguilas con actitude, interese e esforzo". Lembrade estas palabras e telas presente na nova etapa educativa que comezades. Moito ánimo!
Unha aperta moi forte
Manolo (todavía, mestre e titor)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Recomendacións para o verán.pdf | 739.01 KB |