Actividades da semana do 1 de xuño para 3º e 4º
Xa comezamos o mes de xuño, isto significa que as vacacións de verán están cada vez máis pretiño. Por iso mesmo, para esta semana vouvos propoñer un xogo:
O Torneo do Castelo de Bowser
Para poder xogar tendes que ter a man o caderno, un lapis e unha goma de borrar.
As instrucións son moi sinxelas, podedes xogar tantas persoas como personaxes hai dispoñibles. (Todos os maiores de 8 anos poden xogar). Así que podedes xogar con amigos, familiares…
Para comezar tendes que:
- Escoller unha personaxe das 7 que tendes dispoñibles.
- Tirar o dado por quendas, comeza o máis novo do grupo e así ata o máis maior en idade.
- Unha vez obtido o teu número, pinchas na casilla que che corresponde. Aparecerache un desafío que tes que completar. Tes que anotar no teu caderno o resultado do exercicio. Non fai falta copiar enunciados, só a resposta e cal é a casilla na que caíches.
- Despois de solucionar o desafío, pos a túa personaxe enriba desa casilla. Así non te esqueces de onde estabas.
- Unha vez que completaches o desafío, tócalle ao seguinte xogador. Ollo! Todos os xogadores/as teñen que completar os seus desafíos.
- Para chegar ao final tes que caer na casilla que pon "Fin", se te pasas de números vas para atrás de volta (coma no parchís) ata conseguir caer alí.
- Unha vez rematado o torneo, tendes que mandarme unha fotografía do voso caderno e as capturas dos desafíos online ao meu correo: marinas@edu.xunta.gal
Como sempre, se tendes calquera dúbida, escríbideme.
Esta é a ligazón do xogo:
https://view.genial.ly/5ed39a3a9be45e112004e337/interactive-content-torneo-castelo-de-bowser
Espero que vos guste e o pasedes moi ben!
Unha aperta,
Mariña