Skip to Content

Solucionario ás actividades de 6º do 4 de maio

Ola rapaces!

No arquivo adxunto, déixovos as solucións da semana anterior. A algúns xa puiden facerlle algún comentario a través do correo, pero a outros todavía non. Confío en que alguén puidese ver algunha das películas que vos recomendei para Sociais; xa mo comentaredes para a semana, cando volvamos a falar por teléfono.

Mariña, deixou unhas actividades moi interesantes para os que van a PROA; pero son válidas para todos, aínda que algúns de vós non asistades. A desta semana é perfecta para todo 6º: unha viaxe virtual polo Museo do Prado. Seguide as indicacións e tratade todos de facela, xa que non podemos ir presencialmente. Eu estou en contacto con Mariña, para que me informe que alumnos de 6º (non só os de PROA, neste caso), lle remitiron as tarefas que  puxo e, deste xeito, terllo en conta para a nota de Sociais. Xa volo volverei a recordar cando poña as actividades da vindeira semana.

Ánimo e unha aperta!

AdxuntoTamaño
Solucións das actividades do 4 de maio.pdf1.02 MB


page | by Dr. Radut