Solucionario ás actividades de 6º do 27 de abril
Ola rapaces!
Parabéns polas vosas coplas e vídeos dos maios, a algún xa o atopo moi cambiado.
Tratade de corrixir as actividades que vos deixo no arquivo adxunto; fixádevos ben, sobre todo, nas de matemáticas, por ser as que tiñan maior dificultade. Se queredes, debido á festividade deste venres, podedes deixar as correccións para o luns, que será cando poña novas actividades e xa procurarei poñer algunhas menos. Por certo, algún de vós segue sen mandarme as tarefas que poño e iso ten consecuencias na avaliación.
Unha aperta
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solucionario do 27 de abril.pdf | 1.79 MB |