Aviso familias
Estimadas familias:
Nestes momentos tan difíciles os mestres queremos transmitirvos todo o noso apoio e forza para superar esta crise, da que seguro sairemos con fortaleza e solidariedade.
Para os nenos este é un momento moi complicado e de grande intranquilidade, xa que as súas rutinas están a verse afectadas sustancialmente; suspendéronse as clases, son conscientes da tensión e preocupación do entorno e as súas posibilidades de disfrutar do xogo vense moi limitadas.
Ademáis, non todas as familias teñen a mesma dispoñibilidade nin os mesmos medios para poder titorizar a realización e correción das tarefas escolares, algo do que somos plenamente conscientes.
O obxectivo fundamental das tarefas e lograr manter unha rutina e poder repasar os contidos esenciais para que cando se poida retomar a actividade lectiva lles sexa máis doado e deben cumplir co principio da equidade, é dicir, que poidan ser realizadas pola gran maioría dos alumnos.
Así pois, informámosvos sobre as seguintes medidas de organización, que de seguro vos resultará útil coñecer:
1. A plataforma principal para dirixirnos a vós será a páxina web do centro; subiranse as actividades, remitiranse aos blogues ou a calquera outra páxina que poida ser de interese (editoriais, vídeos youtube, etc.).
2. AbalarMobil será a ferramenta para avisar do envío de tarefas e/ou solucionarios.
3. Serán os titores os encargados de subir semanalmente as actividades e os enlaces á páxina web e dar os avisos correspondentes.
4. Proporcionarásedevos o correo corporativo do profesorado para que reenviedes as tarefas escolares que os mestres consideren. Utilizarase unicamente para este fin e no tempo que dure o confinamento.
5. Subiranse as tarefas (ou os enlaces) á páxina web con perioicidade semanal, os luns.
6. Os venres de cada semana subiranse os solucionarios das actividades que se consideren e tamén será o día límite fixado para enviedes as tarefas aos correos corporativos do centro.
8. Cada dúas semanas manterase contacto telefónico convosco para resolución de dúbidas e facer un seguimento do proceso de aprendizaxe. Fixarase un calendario para efectualas.
9. A atención ás familias tanto telefonicamente como a través de email farase en horario de 09:00h a 14:00h de ser posible.
Ánimo e forza