5X Facendo "plogging" na praia do Muíño

"Foi este febreiro cando se visibilizou de forma oficial en España o movemento  Plogging, unha nova práctica  ecodeportiva nada en Suecia no ano 2016 (o seu nome  aúna  jogging -correr en inglés- e  plocka  upp, que significa recoller en sueco) e que anima a recoller residuos e a depositalos nunha bolsa mentres se practica deporte ou se fai algo de exercicio diario. Os seus defensores organizaron en Eivissa unhas xornadas de sensibilización para dar máis a coñecer este fenómeno impulsado polo sueco Erik  Ahlström, un cidadán que farto de ver os residuos que había preto de Estocolmo, decidiu non quedar quieto e tratar de recoller parte do lixo nas súas carreiras habituais. Tras deixar constancia diso nas redes sociais, creou un grupo que de forma vertixinosa estendeu esta tendencia -que combina esforzo físico e cívico-, polos territorios nórdicos para acabar conquistando a máis de 25.000 persoas dun centenar de países, entre eles, España, onde chegou no 2018."

Pinchade na imaxe para saber máis.

Álbum: Curso 18-19 -> Limpeza no Muíño