Invitación de Costa dos Castros

in

PROGRAMACIÓN COMPLETA

“6×6 PUNTO DE ENCONTRO O ARRABAL, HISTORIAS NON ESCRITAS”

SÁBADO, 1 DE XUÑO

-13.00h. Apertura da exposición de obxectos tradicionais “O Arrabal, historias non escritas” na Oficina de Turismo de Oia (Praza da Centinela). A mostra permanecerá exposta durante todo o mes no horario de apertura da Oficina de Turismo.

 

DOMINGO, 2 DE XUÑO

 Mañá:

-A partir das 10.30h. Exposición de obxectos tradicionais na Oficina de Turismo.

-Nas inmediacións da oficina haberá postos de venda de produtos de artesanía local durante toda a xornada.

 Tarde:

-17.00 horas: Espectáculo infantil “Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos”. A cargo do grupo de teatro Avento.  Na Praza da Centinela.

-19.00 horas: Visita dramatizada “6×6 Punto de encontro O Arrabal, historias non escritas” polas rúas e prazas do barrio histórico, a cargo do obradoiro de teatro veciñal.

-Pecharemos a xornada festiva con cantos de taberna cos grupos locais A Fiada de Viladesuso e Tra-lo Mosteiro.

 

Durante todo o día o barrio do Arrabal estará ambientado coas decoracións feitas polo alumnado dos colexios do concello

CEIP Mestre Manuel García e CEIP de Refoxos.

 

 

AGRADECEMENTOS

O obradoiro de teatro veciñal quere transmitir o seu agradecemento a diversos colaboradores que contribuíron ao desenvolvemento da iniciativa, nomeadamente a Fernando Javier Costas Goberna -pola cesión de documentación e información que axudou a dar forma ás historias- á propiedade do Mosteiro -pola cesión de espazos para a representación- e a Paula Cobián Escola de Danza.

De igual forma, queremos agradecer ás comunidades educativas dos CEIP Mestre Manuel García e CEIP de Refoxos pola súa colaboración e dispoñibilidade para a elaboración de elementos decorativos.