Skip to Content

REBORRADIO 

 

Tepoteca

OBRADOIRO CÍRCULO DE NEWTON

Hoxe coñecimos un aparello moi interesante: "O círculo de Newton". Consiste nun círculo que pintamos coas cores do arco da vella. Ao xiralo e coller velocidade, o noso ollo percibe a combinación desas cores formando a cor branca. Comprobamos así como a luz branca está formada por ditas cores. É o proceso inverso ao que supón a descomposición da luz no arco da vella. Interesante, non si?

REBORRADIO INFORMA!

Unha semana máis, chega o programa máis agardado...

REBORRADIO!

Esta semana, o alumnado de 3º de primaria foi o encargado de dar as últimas novidades do centro, 

Emma, Sara, Pablo, Alex, Ainara, Lía e Samuel comentaron as novidades do centro, o entroido, contaron chistes ... Un programa ben completo! 

Non volo perdades!

Podedes escoitar a emisión dende aquí ou premendo na imaxe.

DANIELA PIRATA E O COLE DE REBORDÁNS

Se queredes coñecer as aventuras de Daniela Pirata cos nenos e nenas do cole de Rebordáns...,

clicade na imaxe.

Adiante, meus piratas!

 
 
 
 

OBRADOIRO NOMES ARTÍSTICOS

Obradoiro na Tepoteca!

Hoxe xogamos cos nosos nomes. Nomes de nenos, nomes de nenas... todos chulísimos! E por qué? Porque son parte de nós e nos identifican. Son moi diferentes, pero son todos tan importantes... que decidimos facer un obradoiro con letras chulas e enmarcar o noso nome. Encantounos facer esta homenaxe!!

 

 

 

 

REBORRADIO INFORMA!

Unha semana máis, chega o programa máis agardado...

REBORRADIO!

Desta vez, o alumnado de 4º de primaria foi o encargado de dirixir un programa ben completo: novas, entrevistas, chistes, temas de actualidade...

Non volo perdades!

Podedes escoitar a emisión dende aquí ou premendo na imaxe.

 
 

2 DE FEBREIRO: DÍA DA CANDELARIA

Xa que temos colocadas as casiñas para os paxariños, o alumnado de 5º de Primaria animouse a crear uns HAIKUS, poesías de orixe xaponés, que nesta ocasión, teñen temática relacionada coas aves.

 

OBRADOIRO XOGUETE XIRATORIO

Pasámolo bomba elaborando os nosos xoguetes xiratorios. Con tiras de papel de cores xirando sobre un mesmo eixo conseguimos diversas figuras moi interesantes. Coincidimos en que o efecto óptico que se consegue é o que máis chama a atención nesta actividade.

CONTINUAMOS NAS ONDAS!

Unha semana máis, chega o programa máis agardado...

REBORRADIO!

Desta vez, o alumnado de 5º de primaria foi o encargado de dirixir o programa, comentando novas do centro e facendo algunha recomendación interesante.

Naihara, Ela, Lucas, Basi, Alba, Iria e Noa foron os encargados de presentar e amenizar este segundo programa.

Non volo perdades!

Podedes escoitar a emisión dende aquí.

 

OBRADOIRO ESTRUTURAS XEOMÉTRICAS

No obradoiro de hoxe experimentamos con plastilina e mondadentes e montamos diversas figuras en 3D: cubos, pirámides, prismas e... formas de todo tipo! 

NOVO CURSO, NOVA REBORRADIO!

Xa chegou! Xa está aquí! O programa máis agardado...

VOLTOU REBORRADIO!

Un curso máis, continuamos con esta andaina nas ondas e, como de costume, os encargados de pór en marcha estas emisións de radio foi o alumnado de 6º de primaria.

Aday, Yoel, Cloe e Maia encargáronse de presentar e amenizar este primeiro programa.

Non volo perdades!

Podedes escoitar a emisión dende aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut