Enmarcada nas actividades programadas para conmemorar o Día das Letras Galegas deste curso, as alumnas e alumnos de sexto de primaria ilustraron a biografía da autora homenaxeada,Luísa Villalta.
Enmarcado no proxecto de centro, Tepomisión:protexamos os nosos montes, mostrámosvos a boa labor de investigación realizada polo alumnado de quinto de primaria sobre a flora do monte Aloia.
Na Tepoteca, recibimos a Donde viven los cuentospara realizar con nós uns fantásticos obradoiros sobre mulleres que destacaron en diferentes campos do coñecemento.
Os peques do cole gozaron coñecendo á escultora Soledad Penalta e á pintora Maruja Mallo. Fixemos as nosas propias obras de arte, e Tepo e Tepa estiveron moi atentos tamén.
O alumnado do segundo e terceiro ciclo realizaron tamén un obradoiro de ciencia e coñeceron mulleres destacadas nos ámbitos de bioloxía, ocenaografía e astronomía.
Grazas a Voz Natura e á colaboración da Asociación Muíños do Tripes e Discamino puidemos gozar dunha preciosa ruta pola contorna do Monte Aloia.
Aproveitamos para ir recollendo o lixo que atopabamos no camiño e así colaborar a manter limpo o noso monte.
Observamos animais que habitan neste parque natural como pequenos morcegos que durmían dentro dos muíños, zapateiros que nos indican a limpeza das augas que pola senda transcorren e ata unha serpe bebé!!!
Podedes ver no seguinte video o ben que o pasamos!!!
Para esta saída contamos cunha colaboración moi especial "Discamino", asociación composta por voluntarios que de xeito totalmente altruísta, axudan a todo aquel que non é quen de facer o camiño por sí só. Eles montaron o seguinte video o cal compartimos.
GRAZAS POLA VOSA LABOR!!!
Tepo e Tepa, coma sempre, móstrannos todo o que podemos aprender nos libros, aquí temos dous exemplares dun dos nosos guías na ruta, Alberto Romero.
Colaboramos naXV edición do TUI LE xunto a Biblioteca municipal de Tui e as bibliotecas escolares da nosa contorna. Cada centro participante aportou un panel realizado polo alumnado sobre a homenaxeada no Día das Letras Galegas, Luísa Villalta.
Os máis pequenos do cole gozaron co espectáculo de "Cores, contos e rock coa Ramona pequena" de Pakolas eLaura Romero.
O alumnado de 5º de primaria desfrutou coas actuacións dalgúns dos centros participantes.
E todos e todas puideron realizar o intercambio voluntario de libros.
Hoxe é o día da árbore, un día moi importante para o noso centro xa que a nosa Tepomisión é precisamente "o coidado dos nosos montes".
Levamos semanas traballando a figura de Wangari, unha mulller referente para nós, xa que grazas a ela, o seu pobo natal, en Kenia, volve a ter árbores onde antes soamente había deforestación.
No cole fixemos a nosa pequena aportación cultivando sementes.
Dende a Tepoteca temos o pracer de presentarlles o estupendo traballo dos nenos e nenas de primeiro e segundo para conmemorar a data do 11F, Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia.